11 feb 2019

Nava Castro participou no día do turismo de Xantar 2019 para agradecer ao sector a súa contribución á prosperidade de Galiciade Cooperación Transfronteriza España-Portugal

 A directora de Turismo visitou os expositores do XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico e asistiu á entrega de premios a diferentes profesionais

 
A Consellería de Cultura e Turismo tivo ademais cun espazo específico na feira para promover a oferta turística global da Comunidade ante os visitantes 
 
Nava Castro, en Xantar.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou nos actos centrais do Día do Turismo que se celebraron no marco do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2019 en Ourense e que incluíron unha entrega de premios a diferentes profesionais e empresas do sector turístico que viron recoñecida a súa contribución a que Galicia continúe avanzando en calidade.

O acto serviu para pór de manifesto a importancia da colaboración público-privada para seguir facendo da Comunidade galega un destino punteiro especialmente no eido enogastronómico. Un eido que centra un dos principais compromisos da Consellería de Cultura e Turismo desde onde se continúa a avanzar na folla de ruta do enoturismo galego. Trátase de Galicia Sabe, a estratexia para promover o recoñecemento, protección e a difusión local, nacional e internacional da cultura enogastronómica galega a través dunha actividade turística sustentable e que poña en valor a tradición e vangarda.

A directora de Turismo visitou tamén diferentes expositores da feira que este ano foronuns 300 e que contaron con máis de 12 países representados, incluíndo España, Portugal, Brasil, Panamá, Costa Rica, México, Italia, Perú, Colombia, Cuba, Arxentina e Nicaragua. Entre eles, a Consellería de Cultura e Turismo contou tamén nesta edición de Xantar 2019 cun espazo específico para difundir a oferta turística xeral da Comunidade galega.

Produtos galegos

Os actos do Día do Turismo incluíronse na intensa programación de Xantar 2019 que conveteu a cidade de Ourense no epicentro do turismo enogastronómico. Incluíu máis de 200 experiencias culinarias, aulas e showcookings coa participación de cociñeiros dunha decena de países e restaurantes galegos e de varias rexións de Portugal, Panamá ou Brasil que ofreceron máis de 20 menús baseados en produtos autóctonos con alimentos amparados por denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. 

 
Arriba