COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A VISITA TURÍSTICA EN ADEGAS DE GALICIA
Pechado
COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A VISITA TURÍSTICA EN ADEGAS DE GALICIA
Programa
Prazo de preinscrición:
Do 22 ao 28 de xuño ás 14:00 horas
NOTA: Todas as preinscricións que entren fora de prazo non se terán en conta.
Como facer a preinscrición:
Na páxina web www.turgalicia.es; no apartado Sector Turístico – Calidade Turística, ten que encher todos os campos do formulario de preinscrición (en vermello) dentro do prazo establecido.
Y, ademais, se deberá enviar dentro do prazo establecido, por correo electrónico a turcalidade@xunta.es unha copia do carné de guía.
Matrícula:
Gratuíta.
Certificado de asistencia:
Ao finalizar o curso emitirase un certificado de asistencia se:
- Se asistiu, polo menos ao 80% do total de horas.
- Se aprobou o Test Final de Aproveitamento.
Número de prazas:
30
Datas:
2, 3 e 4 de xullo (teórico presencial)
27 e 29 de agosto (prácticas en bodegas)
Horarios:
2 de xullo: de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
3 de xullo: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
4 de xullo: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar:
Salón de Actos do Consello Regulador D.O. Rías Baixas.
Pza. da Pedreira nº 10. Pazo de Mugartegui. Pontevedra.
Obxectivos do curso:
XERAIS:
Facilitar aos guías especializados os coñecementos e as destrezas oportunas para dar información turística e realizar visitas guiadas de calidade e dotalas de contidos rigorosos e específicos sobre as Denominacións de Orixe de Galicia.
ESPECÍFICOS:
- · Impulsar a cualificación dos profesionais do sector e mellorar a competitividade das empresas participantes.
- · Crear novos servizos e actividades vinculadas ao turismo enogastronómico.
- · Mellorar a xestión da calidade dos servizos prestados.
- · Capacitar ás industrias para a prestación de servizos de actividades turísticas.
- · Desenvolver a capacidade turística das empresas, complementando a súa actividade produtora.
- · Estruturar produtos turísticos individuais e conxuntos.
Destinatarios:
Guías de Turismo de Galicia en activo.
Programa:
TEÓRICO PRESENCIAL
LÚNS 02 XULLO 2012
09:30h Presentación e entrega de documentación.
10:00h a 14:00h Introdución histórica á produción vinícola nas Rías Baixas. A Denominación de Orixe Rías Baixas e as súas subzonas.
Romina López Núnez. Guía Especializado de Galicia. Máster en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas. Guía da Ruta do Viño Rías Baixas.
-A vide e ol viño a través da Historia en Galicia.
- Turismo do viño como turismo industrial.
- Turismo experiencial: procura da satisfacción dos sentidos.
- A gastronomía como aliado do enoturismo.
- A produción vinícola en Galicia e as Rías Baixas.
- Creación e desenvolvemento da D.O. Rías Baixas.
- Subzonas na D.O. Rías Baixas.
- Produción, comercialización e mercados dos viños D.O. Rías Baixas.
16:00h a 20:00h Viticultura na D.O. Rías Baixas
Juan José Maquieira Cacabelos. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico en viticultura e asesor técnico de bodegas de D.O. Rías Baixas. Membro do Comité de cata da D.O. Rías Baixas
- Edafoloxía e climatoloxía.
- Ciclo vexetativo anual da vide.
- Variedades de uva amparadas na D.O. Rías Baixas.
- Técnicas de cultivo da vide: sistemas de condución.
- Mantemento de chan: cultivo ecolóxico, cultivo tradicional e produción integrada.
- Pragas e enfermidades.
MARTES 03 XULLO 2012
10:00h a 14:00h Procesos de elaboración do viño en D.O. Rías Baixas.
María Sineiro Fontenla. Enóloga certificada por Xunta de Galicia. Profesor titular de enoloxía e cata de vinos de IDE. Membro dos comités de cata dos CC.RR. Rías Baixas e Ribeira Sacra e C.E. Orujo de Galicia.
- Elaboración de viños brancos.
- Elaboración de viños brancos en barrica.
- Elaboración de viños tintos.
- Elaboración de viños espumosos.
- Procesos de destilación da uva da D.O. Augardente e licores con D.E. Orujo de Galicia.
16:00h a 20:00h Maridaxe entre comidas e viño nas Rías Baixas.
David Barco Araújo. Presidente da Asociación Galega de Sumilleres. Docente na Asociación Galega de Maîtres e Técnicos en Hostalería. Campeón Galego de Sumilleres 2004, 2005 y 2007.
- O servizo do viño.
- Copas, botellas e cortizas.
- ¿Que é unha cata? Fases da cata.
- Degustación e maridaxe.
MÉRCOLES 04 XULLO 2012
10:00h a 14:00h Rutas do viño na D.O. Rías Baixas.
Romina López. Guía Especializado de Galicia. Máster en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas. Guía da Ruta do Viño Rías Baixas.
- As Rutas do Viño e as súas Subzonas na D.O. Rías Baixas.
- Festas e manifestacións populares vinculadas ao viño e augardentes na D.O. Rías Baixas.
- Breve glosario idiomático de viticultura e enoloxía.
PRÁCTICAS EN BODEGAS
Saída en autocar para visita a bodegas da D.O. Rías Baixas.
Parada autocares. c/ Alameda. Pontevedra
LÚNS 27 AGOSTO 2012
09.00h a 20.30h - Visita a bodegas de D.O. Rías Baixas e recursos turísticos da zona do Salnés.
09:30h Visita a Bodega Martín Codax. Cambados. Taller de cata comentada.
12:00h Visita a Bodega Pazo a Capitana. Cambados. Itinerario etnográfico e vitivinícola.
13:00h Visita a Bodega Gil Armada. Cambados. Visita histórica ao Pazo Fefiñanes e xardíns.
14:00 a 15:30h Tempo libre para comida en Cambados.
16:00h Visita a Bodega Pazo de Señoráns. Vilanoviña. Meis. Visita histórica e viñedos.
17:30h Visita a Bodega Pazo Baión. Vilanova de Arousa. Proxecto de enoturismo.
20:30h Finalización. Parada autocares. c/ Alameda. Pontevedra.
MÉRCORES 29 AGOSTO 2012
09:00h a 20:30h - Visita a bodegas de D.O. Rías Baixas e recursos turísticos da zona do Salnés e Rosal.
09:30h Visita a Bodega Lagar de Pintos. Cabanelas. Ribadumia. Servizo de catering e restauración en bodega.
11:30h Visita ao museo Etnográfico e do Viño. Cambados. A festa do Albariño
14:00 a 15.30h Tempo libre para comida en Tui.
16:00h Visita a Bodega Terras Gauda. O Rosal. Certames, comercialización e distribución. Visita a viñedos.
17:30h Visita a Bodega Valmiñor. O Rosal. Dinamización económica local.
19:00h Visita a Destilería Pazo Valdomiño. Goián. Proceso de elaboración de licores e augardentes.
20:30h Finalización. Parada autocares. c/ Alameda. Pontevedra.