23 xan 2024

CURSO FRANCÉS TURÍSTICO (Nivel A2)

Pechado

CURSO FRANCÉS TURÍSTICO (Nivel A2)

Para solicitar praza: Pique aquí

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas e niveis para que os profesionais do sector poidan  mellorar a calidade do servizo a peregrinos e turistas que visitan Galicia.

No curso de lingua francesa de 75 horas para atención ao público, o alumno/a será capaz de desenvolverse en situacións relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes o seu traballo. Aumentarás os teus coñecementos neste idioma para empezar a atender clientes en Francés.

Neste curso aprenderán dunha maneira autónoma, como formular preguntas, dar consellos, expresar un desexo, describir persoas e obxectos ou falar de eventos pasados, utilizar verbos específicos para o servizo ao cliente, e o vocabulario máis importante para o día a día. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais como a hipótese, a expresión do acordo e do desacordo, a conxugación nos principais tempos do indicativo (presente/pasado/futuro), o presente do subxuntivo e outros.

METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A2


DATAS:

Solicitude de praza: do 23 de xaneiro ao 4 de febreiro

Confirmación admitidos: 8 de febreiro

Duración do curso: Do 12 de febreiro  ao 19 de abril ( 11 semanas)

Exame: do 23 ao 26 de Abril

 
Nº PRAZAS:
100


DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua francesa para comunicarse con turistas e peregrinos.

REQUISITOS:
Ter acreditado Nivel A1de Francés ou certificado de Turismo de Galicia do Curso Francés Turístico Básico (A1). Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final  en liña na Plataforma de Turismo de Galicia,  en horario libre, que poderá facer entre o martes 23 e o venres 26 de abril ate as 14:00 horas.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:

Para solicitar praza: Pique aquí

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba