20 set 2021

CURSO DE XESTIÓN DO CAMBIO PARA DIRECTIVOS DE ALOXAMENTOS SINGULARES DE GALICIA

Pechado

CURSO DE XESTIÓN DO CAMBIO PARA DIRECTIVOS  DE ALOXAMENTOS SINGULARES DE GALICIA

CURSO COMPLETO

 

Programa

 

O Plan de formación Turismo de Galicia 2021 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21 22.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demanda prioritaria  o acompañamento ao sector turístico para que se adapte ao novo paradigma no negocio turístico xerado pola situación mundial producida pola pandemia e afrontar o futuro de xeito adecuado.

O Curso de Xestión do cambio para Directivos de aloxamentos singulares en Galicia, ten como obxetivo ofrecer aos empresarios  todos os elementos de xestión para  autodiagnosticar o  desenvolvemento empresarial actual  e a posibilidade de  novas vías de negocio de cada produto, a súa orientación estratéxica da comercialización a través da últimas tendencias, a preparación e avaliación dos novos proxectos con desenvolvemento do proceso económico e financeiro e finalmente a adecuación, valoración, conveniencia e implementación das novas normativas medio ambientais desenvoltas pola Unión Europea.

METODOLOXÍA

Curso en liña de 80 horas  de formación, a través da Plataforma de Formación de Turismo de Galicia, con clases a través da Aula Virtual de 2 horas de duración de Luns a Venres de 16 a 18 horas durante 2 meses, con expertos nas diferentes materias. Os alumnos poderán consultar en todo momento materiais, exercicios e documentación na plataforma, así como solventar todas as dúbidas cos profesores.
Unha vez rematada a formación, recibirán asesoría individual, no que cada empresario poderá recibir indicacións e asesoria sobre o seu novo proxecto de productos turístico e as particularidades do mesmo.

CONTIDOS:
I.- A xestión do cambio estratéxico na empresa
 Autodiagnóstico
Análise do  autodiágnostico
Cara a onde desexamos ir?
Cales son as tendencias nos cambios?
Que cousas cambiar e como desenvolvelas?
Análise,  prediseño e ferramentas para o cambio
II.- A innovación e adaptación como cambio necesario
Por que innovar?
Principios basee da innovación
Tipos de innovación
O proceso da innovación
A xestión do proceso de innovación
Tecnoloxías estratéxicas
Competitividade, vantaxes competitivas e competencias
Orientar a estratexia
Negocio, soporte e cultura
III.- Prepararse para competir
Dispoñemos das persoas adecuadas?
Como formo os equipos eficaces e eficientes?
Que actitudes e aptitudes deben ter os membros do equipo en función ao obxectivo?
O talento do equipo e a dirección por implicación
Cadro de mando integral ( BSC)
IV.- Diagnóstico Económico Financeiro
Situación da contorna económica
As claves do estado económico da miña empresa
V.- Análise Financeira
Rendibilidade
Fondo de manobra
Planificación Financeira
Análise de Investimentos
Produtos Financeiros
Custo de Capital
Liquidez. Poderei atender aos pagamentos a curto e a longo prazo?.
Independencia financeira. Ten a empresa suficiente independencia financeira das entidades de crédito e acredores?
Endebedamento. É correcto o endebedamento en canto a calidade e cantidade?
Garantía. Teño  suficentes garantías para facer fronte a terceiros?
Capitalización. Está a empresa suficientemente capitalizada? É correcta a proporción de recursos propios e alleos?
Xestión de activos. É eficiente a xestión de activos en que inviste a empresa?.
Equilibrio financeiro. Esta o balance suficientemente equilibrado desde o punto de vista patrimonial e financeiro?
VI.- Implementación do novo proxecto de innovación
Capacidades, habilidades, competencias, compresión e coñecementos económicos e financeiros
Xestión e control económico - financeiro das fases do proxecto de innovación
Contorna e condicións económicas e financeiras
Opcións de financiamento
VII.- A adaptación ás actuais e futuras tecnoloxías da información e o posicionamento do produto no mercado a futuro
A segmentación e especialidade
O  importantisimo elemento diferenciador
As tendencias da promoción turísticas
O obxectivo cara ao cliente final e fidelización
VIII.- Marketing dixital: o cambio constante
A psicoloxía do consumidor: adaptación de mensaxes
Marketing de Contidos
A conversión
Novos retos da comunicación
Estratexias de  Mk nun contexto global
IX.As Marcas e o seu significado
A importancia das marcas
Marcas de produtos e marcas de servizos
Claves para un bo desenvolvemento de marca
Estratexias de  branding para empresas de servizos
X.- As normas e procedementos no sector turístico
Para que?
Compensa adherirse ás normas e procedementos nas diferentes áreas que afectan ao meu produto?
Que aporta un plan de normas e procedementos?
Normas e procedementos obrigatorias a curto prazo
XI.- O  ambito económico das normas e procedementos
Calidade  versus non calidade e os seus custos
Economía circular
Informes NON FINANCEIROS.
Rendibilidade e beneficio das certificacións.
Que certificacións son máis adecuadas de acordo ao perfil e mercado dos meus usuarios?.
Que erros cometéronse con algunhas certificacións e como encausalas
adecuadamente?.
Axudas económicas para certificarse.
XII.- A Xestión de implementación das certificacións
Planificar e organizarse para un proceso de certificación.
Identificación de riscos e oportunidades.
Posta en marcha do sistema de xestión.
Auditorias internas, as súas claves para un proceso exitoso, eficiente, eficaz e práctico.
Casos prácticos. Non conformidades e accións  correctivas.
XIII.- A Xestión Ambiental como parte da estratexia
Por que pensar nun sistema de xestión ambiental?
Que é a xestión ambiental? Os seus beneficios
Clasificación da xestión ambiental: xestión de residuos, xestión de emisións, xestión de recursos  hídricos,
xestión da enerxía. etc…
Caso práctico dun modelo de xestión ambiental
Introdución ás memorias de sustentabilidade.

FORMADORES:
José Manuel Carbó. Especialista en Dirección e Xestión Hostaleira
Pablo Granell. Especialista en marketing e ventas dixitais.
Jesús Menéndez. Especialista en asesoría bancaria para proxectos turísticos
Antonia Blanquer. Especialista en sostenibilidade e procesos.

DATAS:  Do 16 de setembro ao 19 de novembro.
Presentación do curso: xoves 16 de setembro de 2021
Curso de Formación: 20 de setembro a 15 de novembro
Asesoria e Avaliación: 16 novembro a 19 de novembro

Horario:  luns a venres de 16:00 a 18:00 horas.

Primeiro bloque: Estrutura e Organización
• Docente: José Manuel  Carbó
• Inicio: luns 20 de setembro de 2021
• Finalización: venres 01 de outubro de 2021
Segundo bloque: Economía e Finanzas (*)
• Docente: Jesús  Menéndez
• Inicio: luns 04 de outubro de 2021
• Finalización: venres 15 de outubro de 2021
*Este bloque terá 13 minutos extra cada día, para compensar o día 12 de outubro por ser día festivo.
Terceiro bloque: Marketing e Vendas dixitais
• Docente: Pablo Granell
• Inicio: luns 18 de outubro de 2021
• Finalización: venres 29 de outubro de 2021
Cuarto bloque: Normas e Procedementos (*)
 Docente: Antonia  Blanquer
Inicio: martes 02 de novembro de 2021
Finalización: luns 15 de novembro de 2021
* Iníciase o martes 2 de novembro de 2021, por ser o luns 01 de novembro de 2021 día festivo.
Quinto Bloque: Asesoría e avaliación

• Inicio: martes 16 de novembro de 2021
• Finalización: venres 19 de novembro de 2021
• Dinámica: Procederase a fixar unha cita fixa de cada participante con cada docente ao comezo do curso nas datas deste bloque. O participante deberá enviar previamente un informe coa descrición, ideas e consultas específicas do seu proxecto en cada área.

Nº PRAZAS: 25

DESTINATARIOS
Dirixido  a directivos e persoas con capacidade de decisión en aloxamentos de Galicia,  especialmente en contornas rurais  e aloxamentos singulares que queiran adaptar o seu negocio e a súa oferta ás novas tendencias que demanda o mercado trala pandemia.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O requisito para poder acceder á avaliación e 5º bloque será co mínimo de asistencia do 80% do curso.
Os participantes deberán presentar antes de comezar o 5º bloque de asesoría, un proxecto sobre o cambio  para efectuar ou unha nova unidade de negocio, no  cal integrarán as ferramentas que foron explicadas durante o curso e con base nelas,  os catro docentes avaliarán o aproveitamento dos coñecementos  ensinados.
A avaliación consistirá sobre 5 puntos importantes de cada bloque e o docente confirmará o aproveitamento e implementación no proxecto.
A suma total das  evaluaciónes dos catro bloques dará como resultado o concepto de aprobado ou suspendido en cada caso.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 80 horas de formación os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.


PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto para o participante, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN
Este curso está COMPLETO
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

Arriba