03 out 2022

PROGRAMA PARA DIRECTIVOS: SOLUCIÓNS CONCRETAS A NECESIDADES REAIS NA EMPRESA TURÍSTICA

Pechado


PROGRAMA PARA DIRECTIVOS: SOLUCIÓNS CONCRETAS A NECESIDADES REAIS NA EMPRESA TURÍSTICA

Para solicitar praza no curso: PIQUE AQUÍ (ata o 20 de setembro)

 

 

Programa

 

 

O Plan de formación Turismo de Galicia 2022 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21 22.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demanda prioritaria  o acompañamento ao sector turístico en áreas estratéxicas da empresas para que se adapte ao novo paradigma no negocio turístico xerado pola situación mundial.

Este programa  para Directivos das empresas turísticas galegas, ten como obxetivo ofrecer as ferramentas, habilidades e coñecementos para afrontar de forma exitosa o correcto desenvolvementos da operativa en diferentes áreas operativas do negocio turístico.

METODOLOXÍA
Curso en liña de 40 horas  de formación, dividido en 4 módulos independentes, con clases a través de Aula Virtual de 2 horas de duración de Luns a Venres de 16 a 18 horas durante un mes.

O alumnado poderá consultar en todo momento materiais, exercicios e documentación na plataforma, así como solventar todas as dúbidas cos profesores.



PROGRAMA

Módulo 1: Novo enfoque dos RRHH e conservación do talento (10 horas)

  • Avaliar as necesidades de persoal
  • Por onde empezan os problemas dunha empresa?
  • Como evitar xestións innecesarias
  • Como crear o perfil correcto para a praza que desexamos cubrir
  • Perfís de postulantes
  • Condicións para traballadores en prácticas e a súa captación
  • Métodos de auto filtro
  • Publicación da oferta laboral e as súas canles
  • Avaliación e selección
  • Elementos e técnicas para as entrevista
  • Condicións xerais e específicas das obrigacións e dereitos do traballador
  • Proceso de integración da traballador
  • Avaliación e elementos de seguimento
  • Plans de formación
  • Como crear un ambiente laboral adecuado e produtivo
  • Como manter o talento
  • Adaptación a un novo posto de traballo
  • Orientar a reciclaxe, cesamento ou cambio de empresa do traballador
  • Situacións a evitar na vida laboral do traballador na empresa
  • Resolución de conflitos


Módulo 2: Estratexia de comunicación e comercialización (10 horas)

  • Diagnóstico de situación actual no ámbito dixital
  • Definición do produto / micro produtos para a súa posta en valor
  • Identificación de públicos obxectivos por perfís (buyers persoa)
  • Deseño de experiencias por perfís de clientes
  • Estratexia de contidos e soportes para a comunicación dixital
  • Material de soporte para a comunicación: fotografa / vídeo / textos
  • Canles de venda directo e intermediarios: operadores
  • Comunicación social: redes sociais e plataformas inspiracionales
  • Solucións tecnolóxicas

Módulo 3: Análise financieira do negocio (10 horas)

  • Desenvolvemento de informes diarios de xestión de facturación en establecementos hostaleiros e empresas turísticas
  • Desenvolvemento de informe diario de ingresos nun establecemento hostaleiro ou empresa turística. informe tipo manager flash
  • Desenvolvo dunha conta de explotación dun negocio hostaleiro ou empresa turística mensuais e anuais
  • Presentación diferentes documentos de control por departamentos

Módulo 4: Sustentabilidade (10 horas)

  • Sensibilización ambiental. Galicia destino sostible
  • Cambio climático
  • Introdución á Xestión da sustentabilidade
  • A sustentabilidade como modelo de xestión
  • Innovación en sustentabilidade. Ex. Procesos. etc.
  • A importancia de reducir o noso impacto ambiental e social
  • Introdución á Compensación
  • Introdución á Responsabilidade social corporativa
  • Pasos na estratexia da sustentabilidade. Economía circular
  • Introdución na nomenclatura de Selos sostibles e con responsabilidade de reciclaxe
  • Dereitos e obrigacións dos emisores de residuos

Poderán realizar o curso completo, ou solicitar a matrícula en módulos independientes
 

FORMADORES:
José Manuel Carbó. Especialista en Dirección e Xestión Hostaleira e empresas turísticas
Pablo Granell. Especialista en marketing e ventas dixitais.
Jesús Menéndez. Especialista en asesoría bancaria para proxectos turísticos
Antonia Blanquer. Especialista en sostenibilidade e procesos.
 

DATAS: 
Presentación: Mércores, 28 de setembro ás 16:00 horas
Impartición: Do 3 ao 28 de outubro do 2022

Módulo 1: Novo enfoque dos RRHH e conservación do talento
Do 3 ao 7 de outubro de 16:00 a 18:00 horas

Módulo 2: Estratexia de comunicación e comercialización
10, 11, 14 e 15 outubro de de 16:00 a 18:30 horas

Módulo 3: Análise financieira do negocio
Do 17 ao 21 de outubro de 16:00 a 18:00 horas

Módulo 4: Sustentabilidade
Do 24 ao 28 de outubro de 16:00 a 18:00 horas


Nº PRAZAS: 25

DESTINATARIOS

Dirixido  a directivos e persoas con capacidade de decisión nas empresas de hostelería e turísticas de Galicia, que desexen adaptar o seu negocio e a súa oferta ás novas tendencias que demanda o mercado.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
O requisito para recibir a avalación é asisitir a un 70% das clases de cada módulo no que se inscriba o alumno.
A avaliación consiste na realización dun informe de mellora realizada na emrpesas sobre coñecementos impartidos. Cada participante deberá presentar tantos informes de mellora como módulos inscritos.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 40 horas de formación os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.


PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto para o participante, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN
Para solicitar praza no curso: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba