20 mar 2024

ESTRATEXIA E PUBLICIDADE EN FACEBOOK (1 HORA)

30 decembro 2024

 ESTRATEXIA E PUBLICIDADE EN FACEBOOK
 

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI  

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Aprender a crear páxinas e publicidade en Facebook pode ser unha gran oportunidade para facer crecer o teu negocio en liña. Ademais de Google, outra plataforma importante para xerar negocio en liña é Meta, a cal inclúe Facebook, Instagram, WhatsApp, Facebook Messenger e Oculus, entre outras.
 
Aínda que Facebook perdeu certo tráfico, segue sendo unha plataforma relevante para crear marca e levar tráfico ao teu sitio web. Nesta formación poderás coñecer como crear unha páxina en Facebook de maneira sinxela e estratéxica, así como tamén como utilizar a súa plataforma publicitaria para crear anuncios efectivos.
 
Aproveita esta oportunidade para sacarlle o máximo proveito a Facebook e xerar negocio para a túa empresa.


DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI 

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba