09 xuñ 2020

WEBINAR “ESTRATEXIA EN REDES SOCIAIS PARA XERAR NEGOCIO”

Pechado

 

 

WEBINAR “ESTRATEXIA EN REDES SOCIAIS PARA XERAR NEGOCIO”

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación e o márketing en liña.


Webinar para aprender a deseñar a estratexia de redes sociais máis adecuada para o teu negocio.

Aprende a definir obxectivos, optimizar a túa presenza en redes sociais e a medir o seu impacto. O curso inclúe un  template cun manual básico para definir a túa estratexia en redes
sociais.

Obxectivos:
● Integrar a estratexia en  RRSS na estratexia global de empresa
● Deseñar a estratexia en redes sociais paso a paso
● Desenvolver o programa editorial por rede social
● Avaliar o resultado das redes sociais e a súa capacidade de conversión


DATA: martes 9 de xuño, ás 11:00 horas

Nº PRAZAS: 200

RELATOR: Tirso Maldonado

Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.


DESTINATARIOS:
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hosteleiras, propietarios, pemes, profesores e consultores en turismo e hostelería .Outros profesionais do sector turístico.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no  webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



Máis información:  formacioncontinua@cshg.es

 

 

 

Arriba