11 xuñ 2020

WEBINAR “AS ARQUITECTURAS DE DEUS. NOVAS VISIÓNS DAS CATEDRAIS GALEGAS”

Preinscrición aberta

 

PARA FACER A INSCRICIÓN:  PIQUE AQUÍ

Webinar” As arquitecturas de Deus. Novas visións das catedrais galegas”

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas para guías de turismo e outras profesións turísticas  co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, comunicación e no ámbito cultural.

RESUMO:

Como centros de poder relixioso e antigos centros de poder político, as catedrais recibiron un trato artístico especial. Bispos e arcebispos, cabidos e cóengos, destinaron importantes sumas de diñeiro para engrandecer as súas sés e dotalas dunha magnitude monumental que reflectira o seu poderío material e inmaterial.
A súa arquitectura, os seus usos litúrxicos, cerimoniais e populares, e as obras de arte que atesoran son, aínda hoxe, obxecto das investigación de arquitectos, historiadores da arte e restauradores.

Neste webinar percorreremos as catedrais galegas para analizar as claves da súa arquitectura e achegar as novidades aportadas polas investigacións máis recentes co fin de crear unha canle de comunicación rigorosa entre o ámbito máis estritamente académico e a sociedade civil.

OBXECTIVOS:
- Ofrecer unha aproximación á historia arquitectónica das catedrais galegas
-Aportar recursos para recoñecer as particularidades arquitectónicas e construtivas das catedrais galegas. Incluídas algunhas actuacións de conservación e restauración levadas a cabo no século XX.
- Vencellar a arquitectura destes templos cos usos e cerimonias celebradas neles para resaltar o carácter funcional e orgánico destes edificios.
-Presentar algunhas das investigacións científicas máis recentes sobre estes monumentos.
-Ofrecer recursos para a actualización autónoma de coñecemento sobre as catedrais galegas.

DATA: xoves, 11 de xuño  ás 11:00 h.

Nº PRAZAS: 200

RELATORA: Paula Pita Galán
Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en arte moderna e urbanismo. É profesora colaboradora dos Cursos Internacionais da USC e dos programas de estudantes americanos Duke University in Madrid y Vassar-Wesleyan in Madrid. Formou parte do equipo redactor da Enciclopedia del Románico en Galicia e como divulgadora colabora coa revista Descubrir el Arte. É Guía Oficial de Galicia.


DESTINATARIOS:
Guías e profesionais do sector turístico que queiran actualizar e contrastar os seus coñecementos sobre o patrimonio arquitectónico galego e busquen ferramentas para una xestión autónoma das súas destrezas profesionais. O curso tamén pode interesar a profesionais do sector como xestores de webs, blogs e outros recursos dixitais orientados ao turismo, a cultura e o patrimonio histórico-artístico. 


PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es

 

Arriba