23 xuñ 2020

WEBINAR “DESCIFRANDO A CIDADE. UN RELATO URBANÍSTICO DAS CIDADES GALEGAS”

Preinscrición aberta

 

PARA FACER A INSCRICIÓN:  PIQUE AQUÍ

Webinar “Descifrando a Cidade. Un relato urbanístico das ciudades galegas” 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas para guías de turismo, informadores turísticos e outras profesións turísticas  co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, comunicación e no ámbito cultural.

RESUMO:
A vida humana organízase entre dous polos, o desprazamento e o asentamento, e a máxima expresión da segunda tendencia é a cidade. Condicionadas polo desenvolvemento e as necesidades das comunidades humanas que as construíron e habitaron, as urbes constitúen unha mostra física do relato histórico, as costumes, as tradicións e, en definitiva, da cultura de ditas sociedades.
Neste webinar achegarémonos á disciplina do urbanismo para analizar as principais claves de lectura da forma urbana e (re)coñecer as características principais das cidades e vilas de Galicia vencellando urbanismo, historia e tradición.  
 
OBXECTIVOS:
-Analizar as claves para interpretar a forma urbana (territorio, forma e función) mediante exemplos presentes nas cidades galegas.
-Achegar as características fundamentais das principais urbes de Galicia.
-Presentar as cidades como organismos vivos e dinámicos dependentes da acción humana e, como tal, pegadas da historia galega.
-Contribuír á xeración dun relato claro e atractivo sobre a evolución das nosas cidades que permita divulgar, sen perder o rigor, as súas particularidades e dar a coñecer a historia, idiosincrasia e cultura galegas.
- Ofrecer recursos para a actualización autónoma de coñecemento sobre as cidades galegas.

DATA: martes, 23 de xuño  ás 11:00 h.

Nº PRAZAS: 200

RELATORA: Paula Pita Galán
Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en arte moderna e urbanismo. É profesora colaboradora dos Cursos Internacionais da USC e dos programas de estudantes americanos Duke University in Madrid y Vassar-Wesleyan in Madrid. Formou parte do equipo redactor da Enciclopedia del Románico en Galicia e como divulgadora colabora coa revista Descubrir el Arte. É Guía Oficial de Galicia.


DESTINATARIOS:
Guías, informadores e profesionais do sector turístico que queiran actualizar e contrastar os seus coñecementos sobre o patrimonio arquitectónico galego e busquen ferramentas para una xestión autónoma das súas destrezas profesionais. O curso tamén pode interesar a profesionais do sector como xestores de webs, blogs e outros recursos dixitais orientados ao turismo, a cultura e o patrimonio histórico-artístico. 


PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es

 

Arriba