WEBINAR “APLICACIÓN PRÁCTICA DOS OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE (ODS) NO TURISMO”
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico, no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.
Da responsabilidade social corporativa e os criterios de sustentabilidade do Século XX, estamos a pasar aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable promulgados pola ONU. Un dos problemas destes obxectivos é que ao ter que servir para todo tipo de entidades poden parecer moi xenéricos, por tanto temos que facer un exercicio de concretar as accións que podemos levar a cabo desde as empresas e destinos desde unha visión realista e aplicable.
OBXETIVOS
Coñecer cales son os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
Identificar cales e como podemos aplicar desde unha peme turística
Definir a nosa folla de ruta de aplicación dos ODS
DATA: Mércores, 9 de decembro ás 11:00 h
Nº PRAZAS: 150
RELATOR: Jimmy Pons
Consultor e emprendedor en proxectos de e- commerce na internet e turismo desde 1997. É Master en Xestión Empresarial Medio Ambiente e ten máis de 20 anos de experiencia en márketing dixital e innovación no Sector Turístico, alén de dedicarse á formación no sector turístico impartindo clases en institucións como EOI, EDEM, ESCP Europe e é Director de masters de turismo sobre: Innovación, Marketing dixital, sustentabilidade, mindful Travel. É o creador do concepto Mindfulness Executivo
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación
INSCRICIÓN
Pode facer a súa inscripción neste formulario: : PIQUE AQUÍ
Máis información: formación.turismo@xunta.gal