WEBINAR: "CONSTRUCIÓN SOSTIBLE EN EMPRESAS TURÍSTICAS"
Pechado
WEBINAR: "CONSTRUCIÓN SOSTIBLE EN EMPRESAS TURÍSTICAS"
Para inscribirse no Webinar :PIQUE AQUÍ
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19.
Por ese motivo, ofrécese ao sector formación en sustentabilidade turística, a través do Webinar sobre construccións sostibles, no que poderemos profundar nos certificados de construción sostible, que avalían as prácticas de sustentabilidade implementadas antes, durante e despois da construción dun edificio. Son de carácter privado e voluntario e fomentan unha tipo de construción que repercute en beneficios de aforro, saúde e ambientais para todas as persoas vinculadas á vida dun edificio (inquilinos, usuarios, clientes, promotores, propietarios, xestores, etc.). Certificar a sustentabilidade dun edificio implica, por exemplo, promover o aforro de auga, o predominio da luz natural, a ausencia de pinturas ou vernices tóxicos nos revestimentos, un correcto illamento térmico e acústico, proximidade aos nodos de transporte público, entre outros moitos aspectos.
BREEAM® (Building Research Establishment Environmental Assessment Methodology) é o método de avaliación e certificación da sustentabilidade na edificación tecnicamente máis avanzado e líder a nivel mundial polo número de proxectos certificados desde a súa creación en 1990.
Adaptado ao idioma e a normativa española desde o ano 2010, o certificado avalía impactos en 10 categorías (Xestión, Saúde e Benestar, Enerxía, Transporte, Auga, Materiais, Residuos, Uso do chan e ecoloxía, Contaminación, Innovación) e outorga unha puntuación final que serve de referencia, xunto ao Manual Técnico da metodoloxía, para fomentar a sustentabilidade na construción tanto en fase de deseño como en fases de execución e mantemento dos edificios ou complexos.
DATA: Xoves, 18 de novembro ás 11:30 h
Nº PRAZAS: 150
RELATOR: JAVIER TORRALBA · Managing Director BREEAM® España
Desempeñou durante os últimos 6 anos as funcións de Director Asset Management en Neinver. Con anterioridade dirixiu empresas relacionadas coa arquitectura, as enerxías renovables e o project management. Nacido na Coruña, é arquitecto pola Universidade da Coruña, Executive MBA pola Universidade Pontificia de Comillas (ICADE) en Madrid e Máster en Marketing e Xestión Comercial (GESCO) en ESIC.
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación.
CERTIFICADO
Os alumnos que participen no webinar, poderán obter o Certificado de aproveitamento da formación, logo de superar un test de auto avaliación que se lle enviará a través da plataforma de formación de Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN
Para inscribirse no Webinar :PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal