IA TALKS "CONVERSAS SOBRE IA PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO"
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.
No contexto dun mercado turístico cada vez máis competitivo, a adopción da Intelixencia Artificial (IA) emerxe como unha ferramenta estratéxica para as PEMES. Nesta actividade formativa presencial os participantes poderán profundizar no uso da IA, coñecer tendencias emerxentes e desenvolver habilidades prácticas para a implementación de solucións tecnolóxicas nas empresas.
Dirixido a un público proactivo e visionario, esta formación é unha oportunidade para que as empresas turísticas de Galicia se poidan posicionar á vangarda da innovación dixital, utilizando a IA para diferenciarse e competir no mercado actual.
DATAS:
Xornada 1: Martes, 24 de setembro de 10:00h a 14:00h - "O poder da IA"
- Tendencias emerxentes en IA: Impulsando o futuro do turismo
- O viaxeiro "Supervitaminado" con IA
- Desenvolvemento do teu propio modelo IA con OpenAI, Google e Amazon
- Workshop: Domina a enxeñería de prompts en IA
Xornada 2: Mércores, 25 de setembro de 10:00h a 14:00h - "Laboratorio IA"
- Intelixencia Artificial de Google
- Desenvolvemento de Chatbots para a web
- Workshop: Programación de GPT's de OpenAI
Nº PRAZAS: 75
RELATOR:
Tirso Maldonado: Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital, na JSF Travel & Tourism School. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e no deseño da arquitectura da solución Travel Open App
DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen mellorar a capacidade de executar proxectos e ideas.
INSCRICIÓNS
Inscricións: PIQUE AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal