10 out 2022

CURSO MOTIVACIÓN POSTPANDEMIA PARA AS AXENCIAS DE VIAXE- MODALIDADE EN LIÑA

10 outubro 2022

CURSO  MOTIVACIÓN POSTPANDEMIA PARA AS AXENCIAS DE VIAXE" MODALIDADE EN LIÑA

Para facer a Inscrición: Pique AQUI

 

 

Programa

 

Este curso en liña de motivación enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, no que se contempla dentro dos seus obxectivos, entre outros, a formación para desenvolver estratexias de resiliencia para as traballadoras e traballadores das empresas turísticas.   

OBXECTIVOS:

  • Desenvolver a autoconfianza no potencial de cada persoa
  • Incrementar a motivación, implicación e satisfacción co traballo
  • Favorecer a colaboración mellorando as relacións interpersoais
  • Ampliar os potenciais e o estilo comunicación de cada individuo



CONTIDOS:

  • O liderado como ferramenta de poder
  • A forza creadora da linguaxe optimista
  • A gratificación da crítica construtiva
  • Comunicación para o benestar laboral



METODOLOXÍA:

Formación en liña a través da Plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, na que os alumnos poderán asistir á formación a distancia e facer preguntas ou consultar dúbidas coa titora do curso


DATA : luns, 10 de outubro de 11:00 a 12:30 h.


Nº PRAZAS: 30

TUTORIZACIÓN: Mar Castro

Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo e profesora universitaria e consultora empresarial en Oratoria Dixital, Protocolo Social e Empresarial, Marca Persoal e  NETiqueta.
Relator en Congresos de Comunicación, Fundacións, Escolas de Negocio e Universidades españolas e Iberoamericanas.Presentadora e dinamizadora de eventos sociais e profesionais.Autora de varias publicacións sobre Protocolo, Oratoria e  NETiqueta, e colaboradora habitual en medios de comunicación, revistas e bitácoras especializadas. Creadora do blogue de comunicación: www.marcastro.es Gañadora  The  Napolitan  Victory  Awards 2019, categoría Mujeres Influentes  COMPOL, concedido pola Washington  Academy  of  Political  Arts  and  Sciences.Referente galega en Comunicación, recoñecemento concedido por  Executivas de Galicia.


DESTINATARIOS:

Persoal das axencias de viaxes con sede en Galicia, ou empresas do sector turístico que desexen incrementar a súa motivación no traballo trala pandemia.

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:

Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:

Para facer a solicitude de praza:Pique AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal


 


 

Arriba