TURISMO ACCESIBLE E ATENCIÓN AO CLIENTE
Pechado
CURSO PECHADO
DATA:
Luns, 27 de Novembro de 2017
LUGAR:
Delegación Territorial da Xunta de Galicia - Avenida Fernández Ladreda, 43 - 36003 Pontevedra
HORARIO: 9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 horas.
CONTIDO:
O turismo accesible, os seus clientes potenciais e vantaxes para o sector, a atención ao cliente con necesidades de accesibilidade , a mellora, mantemento e xestión da accesibilidade dos establecementos e destinos turísticos, as normativas de obrigado cumprimento, os certificados de calidade e a promoción e comercialización da oferta accesible
OBXECTIVOS:
- Dar a coñecer as vantaxes económicas e sociais que o Turismo Accesible ofrece ao sector.
- Poñer en valor as necesidades que se deben cubrir para conseguir a plena integración das persoas con discapacidade no uso e goce das infraestruturas e servizos turísticos.
DESTINATARIOS:
- Profesionais de empresas turísticas e estudantes de titulacións de turismo, hostalería e carreiras relacionadas.
- Persoal de organismos de promoción turística de Galicia (padroados, consorcios..) e responsables de oficinas de turismo.
- Persoal das administracións públicas con responsabilidades no sector turístico (deputacións, concellos, Xunta).