12 mai 2020

WEBINAR "O PLAN DE COMPLIANCE: QUE É E COMO IMPLEMENTALO NAS EMPRESAS TURÍSTICAS"

Pechado

 

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do  CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, en modalidade de teleformación, ofrece unha temática específica para que as empresas do sector turístico poidan  incoporar dentro da súa estratexia e estrutura interna un plan co fin de dar  cumprimento aos preceptos legais ou ben protexerse ante situacións de risco.


O  Compliance para as empresas turísticas consiste no plan de cumprimento normativo específico que cada empresa debe ter de acordo ás súas unidades produtivas. Para a realización débese realizar unha valoración de riscos como fase previa, en cada un dos departamentos do hotel ou empresa turística, detectando “riscos inherentes” e “riscos residuais” para poder establecer mecanismos internos de prevención, xestión, control e  rección fronte  aos mesmos. A determinación destes riscos, está intimamente ligada ao “apetito de risco” que o hotel ou empresa turística estea disposta a asumir, e por tanto, reflectirase tanto nun código interno de conduta, como na política externa da mesma.

Obxectivos:

- Saber  que é  Compliance
- Coñecer os beneficios de ter este plan  na empresa
- Entender a necesidade de facer un plan personalizado para cada hotel ou empresa
- Cómo facer un Plan de Compliance efectivo para protexer a empresa



DATA: Martes, 12 de maio  ás 11:00  horas

Nº PRAZAS: 150


RELATORA: Beatriz  Estévez Fontenla

Profesora titular de Lexislación no CSHG  e Compliance  Officer. Conta con 20 anos de experiencia no ámbito da docencia e xurídico turístico en Galicia. Avogada durante 10 anos da  Asocación de Hostalería de Santiago e comarca, relatora en temas xurídicos do sector turístico galego e copartícipe en varias compilacións normativas turísticas estatais e autonómicas. Doutora pola USC e Licenciada en Dereito. É autora do Manual "Leccións de dereito do traballo para estudantes de hostalería”.


DESTINATARIOS:
Responsables, xestores/ as e directivos/ as de Hoteis e empresas turísticas, especialmente PEMES de aloxamento turístico e restauración.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

Arriba