CURSO ALEMÁN TURÍSTICO (Nivel A2)
Programa
Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas e niveis para que os profesionais do sector poidan mellorar a calidade do servizo a peregrinos e turistas que visitan Galicia.
O curso de Alemán Turístico de Nivel A2, de 75 horas de formación, permitirá seguir mellorando os coñecementos da lingua alemá para poder comunicar da maneira máis efectiva con clientes. Aprenderás dunha maneira autónoma como falar sobre viaxes, a cidade, o mundo laboral, así como a casa, a comida, os deportes, estudos e tempo libre. Describiremos festas, celebracións e falaremos de regalos aprendendo a falar sobre o pasado, tratando temas gramaticais como o Perfekt, os verbos con preposicións, o Konjuntiv II, verbos reflexivos, pretérito dos verbos modais, entre outros.
METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.
NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO: A2
DATAS:
Solicitude de praza: do 23 de xaneiro ao 4 de febreiro
Confirmación admitidos: 8 de febreiro
Duración do curso: Do 12 de febreiro ao 19 de abril ( 11 semanas)
Exame: do 23 ao 26 de Abril
Nº PRAZAS: 100
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua alemá para comunicarse con turistas e peregrinos.
REQUISITOS:
Ter acreditado Nivel A1de Alemán ou certificado de Turismo de Galicia do Curso Alemán Turístico Básico (A1). Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.
Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final en liña na Plataforma de Turismo de Galicia, en horario libre, que poderá facer entre o Martes 23 e o venres 26 de abril ate as 14:00 horas.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para solicitar praza:Pique aquí
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal