18 xuñ 2012

COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A VISITA TURÍSTICA EN ADEGAS DE GALICIA

COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A VISITA TURÍSTICA EN ADEGAS DE GALICIA

Programa

Prazo de preinscrición:
 
Do 22 ao 28 de xuño ás 14:00 horas
NOTA: Todas as preinscricións que entren fora de prazo non se terán en conta.
 
Como facer a preinscrición:
 
            Na páxina web www.turgalicia.es; no apartado Sector Turístico – Calidade Turística, ten que encher todos os campos do formulario de preinscrición (en vermello) dentro do prazo establecido.
            Y, ademais, se deberá enviar dentro do prazo establecido, por correo electrónico a turcalidade@xunta.es unha copia do carné de guía.
 
Matrícula:
 
            Gratuíta.
 
Certificado de asistencia:
 
            Ao finalizar o curso emitirase un certificado de asistencia se:
 
-          Se asistiu, polo menos ao 80% do total de horas.
-          Se aprobou o Test Final de Aproveitamento.
 
Número de prazas:
 
            30
 
Datas:
 
 2, 3 e 4 de xullo (teórico presencial)
27 e 29 de agosto (prácticas en bodegas)
 
 
Horarios:
 
2 de xullo: de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
3 de xullo: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
4 de xullo: de 10:00 a 14:00 horas
 
Lugar:
 
Salón de Actos do Consello Regulador D.O. Rías Baixas.
Pza. da Pedreira nº 10. Pazo de Mugartegui. Pontevedra.
 
 
Obxectivos do curso:
 
XERAIS:
 
Facilitar aos guías especializados os coñecementos e as destrezas oportunas para dar información turística e realizar visitas guiadas de calidade e dotalas de contidos rigorosos e específicos sobre as Denominacións de Orixe de Galicia.
 
ESPECÍFICOS:
 

  • ·      Impulsar a cualificación dos profesionais do sector e mellorar a competitividade das empresas participantes.
  • ·      Crear novos servizos e actividades vinculadas ao turismo enogastronómico.
  • ·      Mellorar a xestión da calidade dos servizos prestados.
  • ·      Capacitar ás industrias para a prestación de servizos de actividades turísticas.
  • ·      Desenvolver a capacidade turística das empresas, complementando a súa actividade produtora.
  • ·      Estruturar produtos turísticos individuais e conxuntos.

 
Destinatarios:
 
Guías de Turismo de Galicia en activo.
 
 
Programa:
 
TEÓRICO PRESENCIAL
 
LÚNS 02 XULLO 2012

 09:30h Presentación e entrega de documentación.

10:00h a 14:00h Introdución histórica á produción vinícola nas Rías Baixas. A Denominación de Orixe Rías Baixas e as súas subzonas.

 Romina López Núnez. Guía Especializado de Galicia. Máster en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas. Guía da Ruta do Viño Rías Baixas.

-A vide e ol viño a través da Historia en Galicia.

  •  Turismo do viño como turismo industrial.
  •  Turismo experiencial: procura da satisfacción dos sentidos.
  •  A gastronomía como aliado do enoturismo.
  •  A produción vinícola en Galicia e as Rías Baixas.
  •  Creación e desenvolvemento da D.O. Rías Baixas.
  •  Subzonas na D.O. Rías Baixas.
  •  Produción, comercialización e mercados dos viños D.O. Rías Baixas.

16:00h a 20:00h Viticultura na D.O. Rías Baixas
Juan José  Maquieira Cacabelos. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico en viticultura e asesor técnico de bodegas de D.O. Rías Baixas. Membro do Comité de cata da D.O. Rías Baixas

  • Edafoloxía e climatoloxía.
  • Ciclo vexetativo anual da vide.
  • Variedades de uva amparadas na D.O. Rías Baixas.
  • Técnicas de cultivo da vide: sistemas de condución.
  • Mantemento de chan: cultivo ecolóxico, cultivo tradicional e produción integrada.
  • Pragas e enfermidades.

    MARTES 03 XULLO 2012

     10:00h a 14:00h Procesos de elaboración do viño en D.O. Rías Baixas.

    María Sineiro Fontenla. Enóloga certificada por Xunta de Galicia. Profesor titular de enoloxía e cata de vinos de IDE. Membro dos comités de cata dos CC.RR. Rías Baixas e Ribeira Sacra e C.E. Orujo de Galicia.
  • Elaboración de viños brancos. 
  • Elaboración de viños brancos en barrica.
  • Elaboración de viños tintos.
  • Elaboración de viños espumosos.
  • Procesos de destilación da uva da D.O. Augardente e licores con D.E. Orujo de Galicia.


16:00h a 20:00h Maridaxe entre comidas e viño nas Rías Baixas.

David Barco Araújo. Presidente da Asociación Galega de Sumilleres. Docente na Asociación Galega de Maîtres e Técnicos en Hostalería. Campeón Galego de Sumilleres 2004, 2005 y 2007.

  •  O servizo do viño. 
  •  Copas, botellas e cortizas.
  • ¿Que é unha cata? Fases da cata.
  •  Degustación e maridaxe.

 

MÉRCOLES 04 XULLO 2012

  10:00h a 14:00h Rutas do viño na D.O. Rías Baixas.

Romina López. Guía Especializado de Galicia. Máster en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas. Guía da Ruta do Viño Rías Baixas.

  • As Rutas do Viño e as súas Subzonas na D.O. Rías Baixas.
  • Festas e manifestacións populares vinculadas  ao viño e augardentes na D.O. Rías Baixas.
  • Breve glosario idiomático de viticultura e enoloxía.

 

PRÁCTICAS EN BODEGAS
 
Saída en autocar para visita a bodegas da D.O. Rías Baixas.

Parada autocares. c/ Alameda. Pontevedra

 
LÚNS 27 AGOSTO 2012

  09.00h a 20.30h - Visita a bodegas de D.O. Rías Baixas e recursos turísticos da zona do Salnés.

09:30h                  Visita a Bodega Martín Codax. Cambados. Taller de cata comentada.
12:00h                  Visita a Bodega Pazo a Capitana. Cambados. Itinerario etnográfico e vitivinícola.
13:00h                  Visita a Bodega Gil Armada. Cambados. Visita histórica ao Pazo Fefiñanes e xardíns.
14:00 a 15:30h Tempo libre para comida en Cambados.
16:00h                  Visita a Bodega Pazo de Señoráns. Vilanoviña. Meis. Visita histórica e viñedos.
17:30h                  Visita a Bodega  Pazo Baión. Vilanova de Arousa. Proxecto de enoturismo.
20:30h                  Finalización. Parada autocares. c/ Alameda. Pontevedra.

 

MÉRCORES 29 AGOSTO 2012

 09:00h a 20:30h - Visita a bodegas de D.O. Rías Baixas e recursos turísticos da zona do Salnés e Rosal.
09:30h                  Visita a Bodega Lagar de Pintos. Cabanelas. Ribadumia. Servizo de catering e restauración en bodega.

11:30h                  Visita ao museo Etnográfico e do Viño. Cambados. A festa do Albariño
14:00 a 15.30h Tempo libre para comida en Tui.
16:00h                  Visita a Bodega Terras Gauda. O Rosal. Certames, comercialización e distribución. Visita a viñedos.
17:30h                  Visita a Bodega Valmiñor. O Rosal. Dinamización económica local.
19:00h                  Visita a Destilería Pazo Valdomiño. Goián. Proceso de elaboración de licores e augardentes.
20:30h                  Finalización. Parada autocares. c/ Alameda. Pontevedra.

Arriba