05 nov 2012

COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A VISITA TURÍSTICA NOS CONXUNTOS BOTÁNICOS DE GALICIA

Pechado

SEDE:

Sala de Xuntas de Turgalicia (Estrada Santiago - Noia, km. 3. A Barcia. Santiago de Compostela)

MATRÍCULA:

Gratuíta (inclúe participación na acción formativa e o desprazamento en autobús da organización nas xornadas de prácticas).

Data límite preinscrición:  14 de novembro de 2012

DATAS:

21, 22, 23 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de 2012

HORARIOS:

Parte teórica

Mércores 21 de novembro, de 09,30 - 14,00 h. e 16,00 - 20,00 h.

Xoves 22 de novembro, de 10,00 - 14,00 h. e 16,00 - 20,00 h.

Venres 23 de novembro, de 10,00 - 14,00 h.

Parte práctica

Luns 3 de decembro 2012, de 08,30 - 18,30 h

Martes 4 de decembro 2012, de 08,00 - 18,30 h

Mércores 5 de decembro, de 12,00 – 14,00 h e de 16,00 - 18,00 h

DURACION DO CURSO:

40 horas

DESTINATARIOS:

Guías Oficiais de Turismo de Galicia

Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES:

20

OBXECTIVOS:

Pretende que os guías especializados de Galicia adquiran os coñecementos e destrezas oportunas para dar información turística e realizar visitas guiadas de calidade, dotadas de contido rigoroso e especifico, en conxuntos botánicos de Galicia.

IMPARTE:

SECCHI,S.L. Servicios Turísticos Culturales

AVALIACIÓN, ASISTENCIA E DIPLOMA:

Para a obtención do diploma de curso, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% do total das horas lectivas (32 horas) e a superación dun test e/ou un traballo final que acredite o aproveitamento deste.

Programa

PARTE TEÓRICA: 20 horas

BOTANICA XERAL

  • Principais especies arbóreas en Galicia: autóctonas e foráneas
  • Arbores singulares/ monumentais de Galicia. Criterios de catalogación
  • Exemplares máis notables nos xardíns e parques a visitar
  • Anecdotario e breve glosario sobre botánica e especies arbóreas

A CAMELIA

  • A Ruta dos Xardíns de Inverno.

XARDÍNS

  • Tipoloxía de xardíns e a súa evolución ao longo da historia
  • Os principais xardíns e conxuntos botánicos de Galicia a visitar.

RECURSOS TURÍSTICOS

  • Entorno aos principais xardíns e conxuntos botánicos.

 

PARTE PRÁCTICA: 20 horas

VISITA AOS SEGUINTES CONXUNTOS BOTÁNICOS:

  • Xardíns da Alameda de Santiago (Santiago de Compostela)
  • Xardíns do Pazo de San Lorenzo de Trasouto (Santiago de Compostela)
  • Xardíns do Pazo Mariñán (Bergondo)
  • Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña)
  • Xardíns do Pazo de Oca (A Estrada)
  • Xardíns do Pazo Quiñones de León (Vigo)
  • Xardíns do Castelo de Soutomaior (Soutomaior)
  • Xardíns do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)

 

Arriba