06 mai 2020

CURSO DE LINGUA INGLESA PARA TURISMO INTERNACIONAL

Pechado

Curso lingua inglesa para turismo internacional

 

 

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación Permanente do Sector iniciado pola Consellería de Cultura  Turismo, a través do CSHG, como unha das medidas postas en marcha polo Goberno autonómico dentro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19.

O Plan de teleformación en idiomas contempla, por un lado a formación en inglés para o sector turístico e por outro lado o acceso á certificación oficial nesta lingua , dos profesionais, nos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia Lingüística.

Este curso de lingua inglesa para Turismo Internacional, permitirá mellorar o coñecemento da lingua inglesa de cara o Xacobeo 21 ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás como comunicar con clientes, presentar un lugar novo, dar indicacións, explicar a cultura local e informar sobre puntos de interese turísticos.
 

METODOLOXÍA
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, con videotitorías semanais en grupos reducidos, e curso de traballo individual de 20 horas  para desenvolver durante 2 meses.

NIVEIS DE IDIOMAS DOS CURSOS
B1 e B2. 
A selección dos grupos será mediante unha proba de nivel invidualizada.
 

DESTINATARIOS:
Personal que trabaje de cara al público o tenga contacto con turistas internacionales en el sector turístico de Galicia.

REQUISITOS
Estar trabajando o haber trabajado (empleado/autónomo)  hasta el 14 de marzo en una empresa del sector turístico de Galicia o cumplir ese requisito al menos tres meses en los últimos 12 meses.

Reserva de 20% para los que hayan perdido el puesto de trabajo o estén en situación de ERTE por la crisis del COVID-19.
 

DATAS:
Data límite inscrición: 15 de maio
Probas de nivel: do 18 ao 22 maio
Inicio do curso: 25 de maio (6 semanas)

Nº PRAZAS: 50
Inglés para o turismo internacional (nivel  B1): 25
Inglés para o turismo internacional (nivel  B2): 25

FORMADOR:
Centro Británico

DESTINATARIOS:
Persoal que traballe de cara ao público ou teña contacto con turistas internacionais no sector turístico de Galicia.

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou ter traballado ata o 14 de marzo nunha empresa do sector turístico de Galicia ou actividades independientes relacionadas co sector que traballen de cara aos turistas, ou cumprir ese requisito polo menos tres meses nos últimos 12 meses.

Reserva de 20% das prazas para os que perdesen o posto de traballo ou estean en situación de  ERTE pola crise do  COVID-19.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es

 

Arriba