Obradoiro sobre o Mapa de Procesos nas empresas turísticas e hostaleiras
Pechado
Obradoiro sobre o Mapa de Procesos
CURSO COMPLETO
Programa
Ante as circunstancias provocadas pola situación derivada da COVID 19, que está levando a unha boa parte do sector turístico e hostaleiro a unha situación económica complexa, Turismo de Galicia (a través do CSHG) quere poñer os seus recursos á disposición do sector para colaborar na toma de medidas que permitan ás empresas afrontar a situación en mellores condicións.
Unha das medidas a poñer en marcha é un Programa de Reconversión e Adaptación das Empresas Turísticas, a través de diferentes obradoiros, destinados empresarios do sector que están interesados es revisar os seus modelos de negocio co fin de buscar solucións para afrontala crise.
DESTINATARIOS
Destinado a empresas do sector turístico e hostaleiro e empresas tecnolóxicas e de servizos que presten apoio ás mesmas e que desexen redefinir a súa situación de cara a afrontar a crise orixinada pola COVID.
Os participantes nos obradoiros deberán ser persoas con responsabilidade na toma de decisión dentro da empresa.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS
-Visualización do modelo de negocio: dotar ás empresas dunha ferramenta de visualización e comunicación do modelo de negocio da súa organización.
-Orientación ao cliente: axudar ao empresario para orientar a súa empresa cara ás necesidades do cliente, cara a creación dun encaixe da proposta de valor, que minimice os riscos de mercado.
-Reflexión e análise: facer reflexionar ao empresario sobre as claves do seu propio negocio e, ao mesmo tempo, analizar a viabilidade do mesmo.
-Coñecemento de ferramentas estratéxicas: entregar aos empresarios unha ferramenta metodolóxica que lles permita atopar novos xeitos de crear e capturar valor para a empresa, xa sexa mediante liñas de negocios existentes ou novas. Diminuíndo erros estratéxicos e custos durante o proceso.
-Flexibilidade e adaptación: facer entender ao empresario a importancia de actualizar a súa proposta de valor e/ou procesos para adaptarse ás circunstancias do mercado.
CONTIDOS
Análise de cada área do negocio ou departamento para coñecer os procesos e procedementos da empresa. Analizaranse os distintos aspectos para identificar e valorar a xestión, ferramentas e capacidades da empresa en cada unha das nove actividades da cadea de valor:
Actividades primarias:
1. Loxística interna: Actividades asociadas con operacións de recepción, almacenamento e distribución das materias primas, aprovisionamentos ou inputs.
2. Operacións: Actividades asociadas ao procesamento das materias primas ou inputs para transformalos no produto ou servizo final.
3. Loxística externa: Almacenamento dos produtos terminados e distribución do produto ao cliente.
4. Marketing e Vendas: Actividades coas cales se da a coñecer o produto/servizo, así como o proceso de venda.
5. Servizo: Servizo post-venda ou mantemento, agrupa as actividades destinadas a manter e realzar o valor do produto/servizo despois da venda.
Actividades de soporte:
1. Infraestrutura da organización: actividades que prestan apoio a toda a empresa, como a dirección xeral, planificación estratéxica, contabilidade e finanzas, asesoramento legal, xestión da calidade, responsabilidade social corporativa, etc.
2. Dirección de Recursos Humanos: actividades involucradas na selección, formación, desenvolvemento e compensación de todo o persoal da empresa.
3. Desenvolvemento de Tecnoloxía: aplicacións tecnolóxicas, tecnoloxía da información, procedementos e equipamentos.
4. Abastecemento: procesos de compra de inputs, materias primas, maquinaria e tecnoloxía.
METODOLOXÍA
Os obradoiros de Mapa de procesos realizaranse en 2 sesións de 4 horas cada unha de forma telepresencial en grupos reducidos
O obradoiro desenvolveranse cunha breve presentación das sesión e o desenvolvemento práctico do contido.
CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe as 2 sesións de formación e material formativo documental
INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal