19 feb 2024

CURSO ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS - NIVEL 2 (20 HORAS)

Pechado

CURSO ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS  (NIVEL 2)

Para solicitar praza: Pique aqui

Programa

 

 

Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación con persoas xordas  co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.

CURSO NIVEL II:  ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS

DATA: Do 19 de febreiro ao 20 de marzo de 2024

HORARIO: Os luns e mércores de 11:30 a 13:30 con clases a través de aula virtual. Obrigatorio conectarse nas horas do curso xa que son clases en directo e participativas.

Sesións: 19, 21, 26, 28 de febreiro e 4, 6, 11, 13, 18, 20 de marzo

Examen: do 2 ao 4 de abril 


Nº PRAZAS: 15

CONTIDOS:

 O curso ten unha duración de 20 horas, e combinará formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes non só á lingua de signos, senón tamén á realidade social e cultural da comunidade xorda.

    •    Nocións de gramática da Lingua de Signos Español
    •    Contorna natural, cidades e vilas. Toponimia de Galicia.
    •    Vida social: actividades de lecer e afeccións.
    •    Cultura de Galicia: gastronomía, artesanía, festas de interese…
    •    Patrimonio de Galicia e o Camiño de Santiago.
    •    O sector turístico galego e a atención ás persoas xordas.

METODOLOXÍA:
Curso telepresencial con clases en directo nas que os docentes realizarán as explicacións dos contidos teóricos e prácticos, resolverán as dúbidas do alumnado e se realizarán actividades prácticas de carácter individual e grupal. O alumnado do curso terá á súa disposición material audiovisual de repaso e práctica.

DESTINATARIOS:

Persoal do sector turístico de Galicia con coñecementos básicos sobre a comunidade xorda e a lingua de signos que desexe mellorar os seu nivel e adquirir destrezas comunicativas que faciliten a atención ás persoas xordas e xordocegas no ámbito do sector turístico

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector turístico de Galicia.
Ter coñecementos previos básicos sobre Lingua de Signos.

REQUISITOS  TECNOLÓXICOS:
Dispoñer dun dispositivo informático con cámara e micrófono (ordenador ou tableta).
Dispoñer de conexión a internet.
Conectarse ás clases coa cámara acendida para que os docentes podan realizar o seguimento e avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para obter o certificado. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos realizarase mediante unha proba tipo test e os coñecementos prácticos mediante a avaliación continua dos exercicios prácticos propostos polos docentes e realizados ao longo do curso, tendo que superar ambas partes para obter certificado.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 20 horas os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 
INSCRICIÓN:
Para solicitar praza: Pique aqui

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba