13 May 2021

CURSO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS PARA TURISMO ACTIVO

Pechado

CURSO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS PARA  TURISMO ACTIVO

CURSO COMPLETO

 

 

Programa

 

O Plan de formación Turismo de Galicia 2021 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21/22.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a seguridade e calidade das empresas turísticas e profesionais galegos.

METODOLOXÍA
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, con titor para dúbidas. As/os participantes dispoñerán de todo o material para traballo individual e  probas de autoavaliación dos contidos.

OBXECTIVO
O programa está deseñado para dotar as empresas adicadas a Turismo Activo e profesionais do coñecemento necesario na prevención de riscos laborais, e adquirir as competencias necesarias para promover comportamentos seguros no desempempeño das actividades turísticas.

CONTIDOS

BLOQUE I: Conceptos básicos

Conceptos básicos: O traballo e a saúde.
Conceptos básicos: Danos derivados do traballo. Accidente laboral e enfermidade profesional.
Conceptos básicos: Marco normativo básicos. Dereitos e deberes.

BLOQUE II : Riscos xerais

Riscos xerais relacionados coas condicións de seguridade.
Riscos xerais ligados ao medio ambiente de traballo.
Riscos xerais: a carga de traballo, a fatiga, a insatisfacción laboral.
Riscos Xerais : planes de Emerxencia e evacuación.

BLOQUE III : Riscos específicos
Riscos específicos : Seguridade vial laboral.
Riscos específicos e a súa prevención no sector: Turismo Activo

BLOQUE IV: Elementos básicos na prevención de riscos

BLOQUE V: Primeiros auxilios
 

DATAS:
Do 13 de maio ao 30 de Xuño de 2021


Nº PRAZAS: 20

DESTINATARIOS
Persoal que traballe en empresas de turismo activo en Galicia.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 30 horas de formación, as persoas que realicen un 80% do curso e superen as probas de autoavaliación.

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.

 
INSCRICIÓN

Para inscribirse: PREMA AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal
 

 

Arriba