28 Oct 2021

WEBINAR “BUSCA DA DIFERENCIACIÓN A TRAVÉS DO INTERIORISMO NOS HOTEIS”

Pechado

WEBINAR “BUSCA DA DIFERENCIACIÓN A TRAVÉS DO INTERIORISMO NOS HOTEIS”

Para inscribirse no Webinar : PIQUE AQUÍ

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19.

Por ese motivo púxose en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 webinars,  no que se tratará entre outros temas a sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, as empresas do sector turístico galego quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse  ás demandas dos clientes do presente e do futuro.


Neste quinto Webinar falaremos da Diferenciación a través do interiorismo, dos factores que son os máis demandamos na hotelaría en 2021 e como conseguir a ansiada diferenciación que achegue valor para o cliente.

Contidos:

- Tendencias en interiorismo Hoteleiro

- Claves para Hoteis de Ocupación Media

Expoñeranse as claves desde o punto de vista de hoteis de 65 a 150 habitacións, onde se desenvolverán temas clave como zonificacións, operatividade, xeradores de contido e rendibilidade.

- Claves para Hoteis de Ocupación Micro
Desenvolveranse tamén as particularidades dos hoteis con encanto, boutiques, casas rurais, glamping... con especial enfoque no factor clave de éxito da venda de experiencias.



DATA: Xoves, 28 de outubro ás 11:30 h

 

Nº PRAZAS: 150




RELATOR: LOLI MOROÑO · CEO e Directora Creativa de PF1 Interiorismo Contract

Conta con máis de 20 anos de experiencia como interiorista especializada no sector Hospitality. Cursou os seus estudos como interiorista en EASD Pablo Picasso, onde lle outorgaron o Premio extraordinario " Fin de Carrera" na súa especialidade e o CAP na Universidade dá Coruña. Continúa reforzando a súa formación en diferentes disciplinas relacionadas co mundo da artesanía e a arte, sempre combinándoo coa súa traxectoria profesional como formadora e comunicadora.
Tras anos traballando en distintas empresas especializadas no sector hospitality, funda no 2011 conxuntamente coa súa socia Martina Casas o despacho PF1 Interiorismo Contract. Estudo especializado en interiorismo e prescrición estratéxica Hostaleira. Tanto para hostaleiros independentes como para cadeas, desempeñana a súa labor en España, Portugal e con pinceladas internacionais. Tamén sinalar a súa faceta como editora de produto, creando a súa propia marca Sebastian Suite e realizando diferentes pezas para marcas de gran prestixio dentro do sector.


 
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 


 

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no webinar, poderán obter o Certificado de aproveitamento da formación, logo de superar un test de auto avaliación que se lle enviará a través da plataforma de formación de Turismo de Galicia.

INSCRICIÓN
Para inscribirse no Webinar :  PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba