CURSO XESTIÓN DO ESTRÉS POSTPANDEMIA: RESTAURANTES RESILIENTES - MODALIDADE EN LIÑA
Pechado
CURSO XESTIÓN DO ESTRÉS POSTPANDEMIA: RESTAURANTES RESILIENTES. MODALIDADE EN LIÑA
Para facer a Inscrición: Pique AQUI
Programa
Este curso en liña enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, no que se contempla dentro dos seus obxectivos, entre outros, a formación para desenvolver estratexias de resiliencia para as traballadoras e traballadores das empresas turísticas.
OBXECTIVOS:
- Coñecer, previr e reducir o estrés
- Desenvolver habilidades de afrontamiento fronte ao estrés
- Entender que é a resiliencia e para que serve
- Coñecer as claves e pasos para converterse nunha persoa resiliente
- Detectar os factores de estrés que favorecen a síndrome de burnout e impiden a felicidade no traballo
- Incrementar a motivación no traballo
CONTIDOS:
- Xestión de o estrés e ansiedade post pandemia
- Resiliencia ante a adversidade xerada polo Covid-19
- Felicidade no traballo, beneficios e claves para conseguila
METODOLOXÍA:
Formación en liña a través da Plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, na que os alumnos poderán asistir á formación a distancia e facer preguntas ou consultar dúbidas co titor do curso
DATA: martes,11 de outubro de 11:00 a 12:30 horas.
Nº PRAZAS: 30
TUTORIZACIÓN: Pablo Díaz Valín
Graduado en Psicoloxía pola UNED e posúe un máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos (UDIMA- CEF). Exerceu como psicólogo na Asociación Raiolas de Lugo e en Cruz Vermella Española, e é experto en formación no ámbito empresarial sobre psicoloxía industrial e recursos humáns.
DESTINATARIOS:
Cociñeiros, axudantes de cociña, xefes de sala, camareiros, persoal de limpeza e outros postos dos restaurantes con sede en Galicia, que presenten síntomas de agotamento físico ou mental no traballo trala pandemia.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para facer a solicitude de praza: Pique AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal