29 nov 2022

CURSO PRÁCTICO "ARQUITECTURA E ECOTURISMO: CASOS DE ÉXITO EN GALICIA"

Pechado

CURSO PRÁCTICO  "ARQUITECTURA E ECOTURISMO: CASOS DE ÉXITO EN GALICIA"

Para inscribirse no curso : PIQUE AQUÍ

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19 e a crise enerxética.

Por ese motivo se pon en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 cursos prácticos independentes de 3 horas de duración , as empresas poderán adquirir coñecementos e traballar con casos prácticos en materia de sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, e quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse  ás demandas dos clientes do presente e do futuro.


Neste último curso práctico de Arquitectura e ecoturismo, veremos as accións e alternativas que dispoñen as empresas turísticas en Galicia para ben, converter a súa oferta nunha iniciativa de ecoturismo, ou ben lanzar unha nova iniciativa turística eco-sostible.

A eco-arquitectura proxecta e recupera edificios procurando a harmonía coa súa contorna e a autonomía no consumo das instalacións, pero polo menos debe coidar tres áreas: en primeiro lugar, ter un deseño adecuado que aproveite as características e recursos bioclimáticos do lugar. En segundo lugar, debe estar construída con materiais bio-construtivos ou cos menos contaminantes, tanto no seu proceso de fabricación ou transformación como na súa vida útil, proporcionando saúde e benestar aos seus usuarios. En terceiro lugar, debe reducir a demanda enerxética prestando atención á envolvente e propoñendo enerxías renovables.

Poderemos coñecer e analizar casos de éxito en Galicia, que parten dunha formulación sostible desde o inicio do proxecto de arquitectura e que achegan solucións de espazos sensoriais, con calidade arquitectónica e que prestan atención á eficiencia enerxética e sustentabilidade.


DATA: Martes, 29 de novembro de 10 a 13 h.

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). A Barcia s/n.  Santiago de Compostela 


 

Nº PRAZAS: 20


RELATOR: Javier Corrochano

Socio Director de estratexia e organización na consultora Iuni strategic marketers, compaxina a súa labor como CEO da consultora turística spoom · cooking hospitality. Javier leva máis de 20 anos axudando a empresas a lograr os seus obxectivos, facéndolles reflexionar e pensar sempre no cliente como centro do seu negocio.
Experto en dirección xeral e planificación estratéxica, conta cun perfil moi enfocado cara á investigación de mercado e o xogo da comercialización e o márketing.
Conta con experiencia de dirección comercial e dirección xeral nos sectores servizos, industrial, turismo e retail. Liderou operacións de expansión empresarial así como operacións internacionais import- export en Europa, Asia e América.
 
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, empresas de eventos, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 


 

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no curso práctico e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no curso obterán un Certificado de aproveitamento da formación expedido por Turismo de Galicia

INSCRICIÓN
Para inscribirse no curso :  PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

 

Arriba