10 abr 2013

O Centro Superior de Hostelería de Galicia e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago organizan a II Velada solidaria

Os alumnos do CSHG e do Conservatorio únense para ofrecer un cóctel-concerto a beneficio de Cruz Vermella, o día 19 de abril, ás 20.00 horas en Santiago

Á vista do éxito obtido na organización do I Velado solidaria celebrada o ano 2012 entre os alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (CMUS) e o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), a partir das 20.00 horas do próximo día 19 de abril celebrarase nas instalacións da institución docente dependente de Turismo de Galica, na Barcia-Santiago, a II Velada solidaria.

 

O obxectivo deste evento é organizar e realizar unha actividade conxunta entre alumnos de ambas institucións que lles axude a consolidar as súas habilidades e destrezas no ámbito da música e a hostalaría, respectivamente. A finalidade social do programa axudará aos alumnos no seu proceso de aprendizaxe e madurez.

 

Así, O CMUS e o CSHG realizarán unha actividade conxunta, consistente na celebración dun cóctel-aperitivo elaborado e servido polos alumnos do CSHG. Durante o desenvolvemento do mesmo, os alumnos do Conservatorio encargaranse de amenizar o evento.

 

Os alumnos do conservatorio seleccionarán o tipo de música para acompañar o acto e os recursos necesarios para a súa posta en escena.

 
Destinatarios
 

Este programa está destinado ao público xeral, ademais de profesores, pais e alumnos. O prezo da entrada será de 20 euros por persoa, aplicando un desconto do 25% de desconto na adquisición da 2ª e 3ª entrada e un 50% na 4ª e sucesivas.

 

1 entrada 20 €

2 entradas 35 €
3 entradas 50 €
4 entradas 60 €
Entrada nenos (4 a 12 anos): 6€
Nenos ata 3 anos: GRATIS
 

As entradas poderanse adquirirse de xeito anticipado na sé de Cruz Vermella en Santiago de Compostela: Avda de Lugo s/n. Santiago de Compostela. Esta institución será a beneficiaria da recadación.

 

O día 19 de Abril poderanse adquirir as entradas na sé do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

 

Arriba