Gañadores do sorteo dos billetes para os trens Turísticos de Galicia
Final do Sorteo consistente en:
20 billetes para 2 persoas nos trens turísticos de Galicia:
-10 dobres para o tren da Ruta polos Xardíns das Camelias
-10 dobres para o tren da Ruta dos Faros.
Este verán, en Galicia, preséntase moi especial. Dúas novas rutas en trens turísticos nas que poderás percorrer a asombrosa Ruta polos Xardíns das Camelias e a espectacular Ruta dos Faros.
RUTA POLOS XARDÍNS DAS CAMELIAS
O tren da ruta polos Xardíns das Camelias levarate a coñecer moitos dos recunchos con máis encanto de Galicia, para gozar do esplendor da súa asombrosa vexetación. Sairá todos os sábados e domingos - cada quince días - entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.
RUTAS DOS FAROS
O tren da Ruta dos Faros descubrirache as paisaxes máis espectaculares da costa galega percorrendo os seus máis elevados cantís, praias escondidas e calas secretas. O tren da Ruta dos Faros sairá todos os sábados e domingos - cada quince días - entre o 22 de xuño e o 15 de setembro.
No ficheiro adxunto tedes aos gañadores.
DOCUMENTOS RELACIONADOS...
- Listaxe premiados sorteo Facebook / Documento pdf