22 set 2013

Turgalicia organiza un press trip para que xornalistas especializados coñezan a oferta galega de golf

Dende ontes e ata o día 27 de setembro, visitarán algunhas das principais instalacións galegas para a práctica deste deporte, así como algúns enclaves turísticos da comunidade.
 

Un grupo de xornalistas especializados visitan estes días as principais instalacións para a práctica do golf en Galicia, nunha viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia ao obxecto de dar a coñecer a oferta galega neste segmento turístico.

Na súa estadía, que se desenvolverá entre os días 23 e 27 de setembro, os xornalistas poderán coñecer os campos de Mondariz-Balneario, Real Aeroclub de Vigo, Ría de Vigo e Meis.
Durante esta semana, os profesionais da comunicación que integran esta viaxe de familiarización coñecerán tamén distintos puntos turísticos das Rías Baixas.

Programa



A combinación coa oferta de turismo termal ou coa oferta gastronómica e enoturística da comunidade é unha das opcións de oferta complementaria para a aqueles turistas que escollan Galicia para practicar golf. De modo que o presstrip inclúe no programa a visita a establecementos termais e a adegas para amosar a oferta de valor engadido que caracteriza á práctica do golf en Galicia.

Deste xeito, onte, os xornalistas aloxáxonse no Hotel Balneario de Mondariz e o hoxe comezarán a súa visita ás instalacións de golf galegas. O día 24 desenvolverase unha xornada de golf no campo de Mondariz e logo visitarán as instalacións dos campos Real Aeroclub de Vigo e Ría de Vigo.

Nas xornadas seguintes, os visitantes realizarán unha travesía en barco pola Ría de Vigo, con visita a Baiona. Logo, pola tarde, visitarán a Illa da Toxa e Sanxenxo. Está prevista unha xornada de golf no campo de Meis e a visita a unha adega da comarca do Salnés

Arriba