30 set 2013

Promoción do Turismo de Galicia nos Estados Unidos a través do operador Exclusively Spain

Desde onte e ata o día 8 de outubro, Turismo de Galicia, participa nunha misión comercial no oeste do país americano.

Turismo de Galicia participa desde onte nunha misión comercial para a promoción dos produtos e servizos turísticos galegos nos Estados Unidos de Norteamérica en colaboración co operador Exclusivey Spain e Turespaña.

 

Nesta misión comercial, que se estenderá ata o vindeiro día 8 de outubro, Turismo de Galicia participará en catro presentacións da oferta turística galega a axentes de viaxes locais e outras catro visitas a axencias de viaxes.

 

Deste xeito, o programa de promoción en norteamérica comezou onte cunha presentación da oferta turística galega en Boulder (Colorado).

 
Oregón e California

Por outra parte, mañá, día 2 de outubro, desenvolverase unha presentación da oferta turística galega en Portland (Oregón) e os días 6 e 8 de outubro, outras dúas na localidade de Sausalito (California), onde se presentará a oferta turística galega ás axencias de viaxes da contorna de San Francisco e á Asociación afroamericana de viaxes.

 

Ademais, durante esta misión comercial terán lugar visitas a empresas comercializadoras de viaxes turísticas en Denver (Colorado), Bend e Eugene (Oregón) e San Francisco (California).

Arriba