08 out 2013
O Centro Superior de Hostelería de Galicia comeza o curso 2013-2014 con 450 alumnos
No acto de inauguración, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu na capacidade de internacionalización do Centro Superior de Hostalería de Galicia, destacou o seu ambicioso programa de formación e o seu labor de consultoría e exportación do seu modelo formativo.
O 11,8% dos alumnos do CSHG que iniciaron onte o novo curso académico proceden doutros países.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domíguez, inaugurou onte o curso 2013-14 para os alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia. No acto de apertura do novo ano académico estiveron presentes, tamén, a vicepresidenta de Responsabilidade Social Corporativa de NH Hoteles, Marta Martín; o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Jesús López Romalde, e mais a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Patricia Cuevas.
Na súa intervención, a directora de Turismo resaltou o feito de que, desde a súa entrada no centro, os alumnos do CSHG “están involucrados no sector hostaleiro porque o Centro Superior de Hostalería de Galicia forma parte activa do sector turístico e sitúase á vangarda da formación neste ámbito”.
Tamén destacou que o centro educativo forma aos alumnos cunha metodoloxía que integra en cada curso as ensinanzas teóricas coa parte práctica. Ademais, as prácticas realizadas en establecementos hoteleiros de máis de 30 países contribúen a incrementar a súa formación así como a capacidade de internacionalización.
Nava Castro resaltou, tamén, que o centro nos seus case vinte anos de andaina conta cun “ambicioso programa formativo e con numerosas colaboracións con algunhas das máis reputadas cadeas hoteleiras do mundo”. E engadiu que “o Centro Superior de Hostalería de Galicia ten acadado un gran prestixio e é hoxe unha referencia a nivel internacional”.
Un 11,8% de alumnos estranxeiros
Preto de 2.000 profesionais saíron xa deste centro e, dos 450 que hoxe inician o novo curso, proceden doutros países o 11,8% dos alumnos.
A directora de Turismo incidiu, tamén, na súa intervención de apertura do curso, en que o Centro Superior de Hostalería de Galicia realiza unha importante labor de consultoría e exportación do seu modelo formativo. Ademais, recalcou a proxección internacional do centro e a súa capacidade de innovación e avance. Destacou, por exemplo o feito de que nel se imparta por terceiro ano consecutivo o Título Europeo en Dirección Hoteleira Internacional grazas a un acordo de colaboración coa Universidade de Brighton, L’École de Savignac e o CSHG; ou de que esta mesma semana concluíra a segunda edición do International Master in Hospitality and Tourism Management 2013-2014, que se celebrou no centro y que rexistrou un gran número de alumnos procedentes de Francia, China, Romanía, Turquía o Bélxica que tiveron ocasión de aprender como se xestiona un restaurante e de deseñar un plan de negocio para levalo á práctica.
Finalmente, Nava Castro recalcou o potencial da formación como ferramenta para “ser competitivos e avanzar no camiño