20 xuñ 2014

Obras de Zurbarán, El Greco e Salzillo poden visitarse dende hoxe na exposición que Turismo de Galicia abre en Fonseca no marco do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do xerente do Xacobeo e mais do comisario da exposición realizou unha visita a esta e destacou a contribución á oferta cultural e á proxección do destino dos actos conmemorativos do centenario.

Esta exposición enmárcase nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e protagonizou a apertura do centenario o pasado mes de agosto na cidade italiana de Asís onde foi visitada por preto de 7.000 persoas
Este verán chega a Compostela onde poderá visitarse ata o 24 de agosto. Nela poden admirarse obras de arte de primeiro nivel como cadros de El Greco e Zurbarán, esculturas de Salzillo, Xosé Ferreiro e Salvador Carmona.

Trátase dun conxunto de pezas relacionadas con San Francisco e a peregrinación a Santiago, comprendidas na súa maioría entre os séculos XII e XVIII, moitas delas da época do santo e outras que forman parte do seu legado histórico e espiritual.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do xerente do Xacobeo e mais do comisario da exposición realizou hoxe unha visita a esta mostra

Obras de Salzillo, El Greco ou Zurbarán poden admirarse dende o pasado día 20 no Colexio de Fonseca na exposición de Turismo de Galicia Peregrino e novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago. Esta mostra supuxo o primeiro acto conmemorativo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago coa súa inauguración na cidade italiana no Palacio Bonaquisti o pasado mes de agosto, onde recibiu preto de 7.000 visitantes. Este verán, a mostra poderá visitarse dende o padado día 20 ata o 24 de agosto no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela.

A exposición está concibida para visibilizar a herdanza franciscana que aínda vive en Compostela e que evoca o espírito peregrino das cidades de Santiago de Compostela e Asís. O legado franciscano no camiño de Santiago, tanto nas localidades da ruta como na propia Compostela, así como a súa contribución ao reforzo da infraestrutura da hospitalidade e ao sentido da peregrinación espiritual occidental son as mensaxes que se transmiten con este proxecto expositivo que foi visitado hoxe pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez.

Acompañada polo xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, e mais polo comisario da mostra, Francisco Singul, a directora de Turismo destacou que “a cidade de Santiago e Galicia enteira conforman a través dos actos conmemorativos deste VIII Centenario unha referencia a nivel global para o turismo cultural e a experiencia da peregrinación”. Segundo dixo, a importancia dos múltiples actos que conforman esta conmemoración radica en que se pode percibir o destino Galicia dende unha nova óptica cunha gran oferta cultural, expositiva, didáctica e congresual.

A exposición Peregrino e novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago articúlase nunha serie de capítulos, a través dos que se evoca a memoria do Santo; a imaxe do mundo na época de San Francisco –Occidente, o Islam e Terra Santa-, a busca da transcendencia que leva a peregrinar a Compostela, a presenza das ordes mendicantes no Camiño de Santiago e o legado franciscano nas cidades da Ruta a Compostela.

Obras de arte de primeiro nivel
Os capítulos da mostra contan con obras de arte de primeiro nivel como cadros de El Greco e Zurbarán, esculturas de Salzillo, Xosé Ferreiro e Salvador Carmona. Pezas medievais da época do santo, procedentes de Inglaterra, Francia, Italia, Terra Santa, Al Andalus e Galicia completan a exposición. Son obras de escultura, ourivería, restos de arquitecturas, telas, instrumentos musicais, relicarios, incunables das bibliotecas franciscanas. Algúns exemplos das obras que se poden visitar son un Códice de finais do século XIII- comezos do XIV da Biblioteca do Seminario de Mondoñedo; unha arqueta de Santa Valeria, do obradoiro de Limoges; o cadro de Francisco Zurbarán, San Francisco en Oración. Así como San Francisco e o Irmán León meditando sobre a morte, unha obra de El Greco que se conserva na Fundación do Colexio Nosa Señora da Antigua de Monforte de Lemos. Así como unha virxe co neno e San Francisco, procedente da Porta de San Rufino de Asís, da Pinacoteca Comunale, Palazzo Vallemani, entre outras pezas.

Trátase dun conxunto de pezas relacionadas con San Francisco e a peregrinación a Santiago, comprendidas na súa maioría entre os séculos XII e XVIII, moitas delas da época do santo e outras que forman parte do seu legado histórico e espiritual. Con motivo da mostra editouse ademais un catálogo desta. A publicación, de alto valor científico e divulgativo, inclúe nas súas máis de 600 páxinas textos de especialistas de recoñecido prestixio. A exposición pode visitarse entre as 11 da mañá e as 14 horas e tamén entre as cinco e as nove da tarde.

Outros eventos do VIII Centenario
A directora de Turismo de Galicia incidiu tamén en que ao tempo que se abre en Santiago esta mostra, a Primeira Travesía Náutica Xacobea xa navega pola Ruta Sur. Partiu de Xénova o día 15 de xuño na Ruta Mediterránea e chegará entre os días 10 e 12 de xullo ás Rías Baixas onde confluirá coa Ruta Sur, que sae o 6 de xullo de Ribadeo –tras aglutinar as embarcacións procedentes de Portos do norte de España, de Francia, Inglaterra e Irlanda. Dende as Rías Baixas partirán para percorrer a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla ata chegar a Compostela.

De igual modo, a mostra On the Road, que se inaugura a finais deste mes en Santiago e que ocupará o Pazo de Xelmírez e a Igrexa e o Cemiterio de Bonaval. A directora de Turismo destacou que “é a gran mostra do Centenario e legará para a cidade a recuperación dun espazo único como é o Pazo de Xelmírez”. Ao tempo que indicou que Santiago acollerá con motivo desta efeméride dúas citas congresuais moi relevantes: o I Congreso de Peregrinacións e Turismo, auspiciado pola OMT e que se celebrará este mesmo mes de setembro e mais o Primeiro Cumio Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

Arriba