Turismo de Galicia asina un convenio de colaboración con Turespaña para a adscrición de bolseiros nas Consellerías de Turismo no exterior
O obxectivo é contar, nun futuro próximo, con expertos especialistas na busca de novos mercados cuxa demanda se axuste ás características de nosa oferta turística nacional en xeral e galega en particular.
Os bolseiros adscritos participarán na actividade desenvolvida polas Consellerías de Turismo no marco do plan de obxectivos para a promoción exterior do turismo.
Os gastos derivados da estancia do bolseiro no país no que radique a Consellería de Turismo serán financiados por Turismo de Galicia.
Turismo de Galicia e o Instituto de Turismo de España (Turespaña) asinaron un convenio de colaboración para a adscrición de bolseiros nas Consellerías de Turismo no exterior.
O dito convenio, que manterá a súa vixencia durante dous anos, é froito da aposta de Turismo de Galicia e Turespaña pola formación de profesionais en mercados turísticos emisores para así contar, nun futuro próximo, con expertos especialistas na busca de novos mercados cuxa demanda se axuste ás características de nosa oferta turística nacional en xeral e galega en particular.
Turismo de Galicia é consciente da crecente presenza de Galicia nos mercados internacionais e da importancia que ten contar con especialistas en mercados emisores de turismo. Neste senso, a administración turística galega considera esencial formar a profesionais que teñan un coñecemento específico na demanda dos ditos mercados.
Deste xeito, habilitarase unha orde de convocatoria de bolsas onde determinaranse o número de bolseiros, as oficinas das Consellerías de Turismo onde se levará a cabo a formación e a duración da mesma -sendo o período máximo un ano-.
Os bolseiros adscritos participarán, dentro do seu plan de formación, na actividade desenvolvida polas Consellerías de Turismo no marco do plan de obxectivos para a promoción exterior do turismo. Así, participarán no desenvolvemento de actividades de promoción, información, comercialización, realización de estudos e análise sobre o comportamento dos axentes do mercado turístico así como outras funcións que permitan ampliar os seus coñecementos sobre promoción turística internacional.
Ademais reservarase un porcentaxe do tempo de formación do bolseiro a funcións xerais da Consellería de Turismo integrándose nos correspondentes equipos que lle aportarán así un gra aprendizaxe.
Os gastos derivados da estancia do bolseiro no país no que radique a Consellería de Turismo serán financiados por Turismo de Galicia.
Proceso de selección
Os aspirantes serán seleccionados pola Comisión de Valoración que constituirase ao efecto.
Os requisitos para ser bolseiro serán: ter a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea; ter unha Licenciatura ou Grao Universitario con postgrado en Turismo ou o Grao Universitario ou Diplomatura en Turismo –obtido nos 3 anos naturais inmediatamente anteriores-, dominio oral e escrito da lingua do país de destino; e non ter obtido con anterioridade ningunha bolsa da Xunta de Galicia para a formación de bolseiros de turismo en mercados emisores.
A sinatura do convenio é unha mostra máis da aposta que Turismo de Galicia ven facendo pola formación e a busca da excelencia no sector turístico.