Xa están dispoñibles os billetes para viaxar o próximo mes de agosto no Tren do Peregrin
O Tren do Peregrino é unha das grandes novidades da nova edición do programa ‘Galicia a todo tren’ que Turismo de Galicia promove en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).
Una innovadora opción para realizar a pé ou en bicicleta o Camiño de Santiago coa comodidade que supón contar co transporte e o aloxamento nun só medio moderno e confortable.
O Tren do Peregrino realizará catro saídas desde Madrid de cinco días ao longo do mes de agosto, en concreto os días 6, 13, 20 e 27.
Xa están dispoñibles os billetes para viaxar o próximo mes de agosto no Tren do Peregrino, unha das grandes novidades do programa ‘Galicia a todo tren’ que Turismo de Galicia promove en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).
Trátase dun trenhotel que realizará catro saídas de cinco días -catro noites- ao longo do mes de agosto a Galicia, en concreto os días 6, 13, 20 e 27.
O Tren do Peregrino sairá de Madrid con destino Santiago de Compostela onde chegará tras percorrer un traxecto do Camiño que abrangue tres etapas que os viaxeiros poderán facer a pé ou na súa bicicleta, coa que poden viaxar a bordo.
Dende a estación na que o tren se detivese ata o lugar onde se inicia a etapa da Ruta Xacobea os viaxeiros serán trasladados nun autobús que os acompañará no seu traxecto para os desprazamentos que sexan necesarios.
Esta nova opción que vivir a experiencia única que supón o Camiño de Santiago, inclúe o aloxamento nunha cabina de Gran Clase con baño completo, os almorzos e dúas ceas que se servirán a bordo do tren a primeira e a última noite da viaxe. Así mesmo unha selección de excursións, actividades e visitas culturais completan a viaxe.
O concepto do Tren do Peregrino responde ao dun hotel en movemento que dispón de cuartos con baño completo para pasar a noite, un coche cafetaría, dous coches restaurante e outro coche máis acondicionado para o ocio ou os faladoiros.
Trátase dunha oferta atractiva que ofrece a posibilidade de percorrer o Camiño de Santiago, combinando natureza, cultura e gastronomía, a un prezo competitivo.
A comodidade que supón contar co transporte e o aloxamento nun só produto moderno e confortable é a esencia deste produto turístico.
Galicia a todo tren
O Tren do Peregrino forma parte do programa ‘Galicia a todo Tren’, un proxecto turístico pioneiro que este ano celebra xa a súa terceira edición.
Esta innovador programa que proporciona ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia, ofrece sete rutas que permiten descubrir as diferentes zonas de Galicia con variadas temáticas: a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do Viño que recorrerán os distintos territorios onde se producen as denominacións vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras.
Así mesmo, como novidade nesta edición, ademais do Tren do Peregrino, este programa inclúe o Tren dos Balnearios, unha nova posibilidade dirixida a maiores de 50 anos que brindará a posibilidade de aloxarse durante seis días, en réxime de pensión completa, nos balnearios ourensáns de Laias, Carballiño, Arnoia, Baños de Molgas o Lobios e realizar circuítos culturais pola zona elixida.
Continúa tamén nesta nova edición o Galicia Rail Pass que un ano máis permitirá a peregrinos e turistas que cheguen a Galicia en trens de largo percorrido ou co pase dos trens turísticos utilizar os trens da rede de Renfe en Galicia cantas veces queiran durante tres días en fins de semana, pontes e festivos, e na temporada de verán.
Tamén, chegará a Galicia un verán máis o Tren Al Andalus que percorrerá no mes de xullo o traxecto León – Santiago de Compostela.