06 set 2016

O CSHG participa nun programa do ICEX destinado a instrutores de hostalería de Hong Kong, United Kingdom, Mexico e USA

O encontro celébrase ata o próximo sábado 10 de setembro, e visitará as cidades de Madrid, Córdoba, San Sebastián, Navarra, e La Rioja

O obxectivo é trasladar o coñecemento e aplicacións dos produtos gastronómicos españois, a fin de favorecer o coñecemento dos mesmos e exportación a outros países

O Centro Superior de Hostelería de Galicia impartirá un seminario de produto e un obradoiro de cociña de demostración con cinco elaboracións a base de tapas

Grazas a iniciativas como esta o centro galego continúa consolidándose como centro de referencia a nivel internacional na industria turística

Turismo de Galicia, a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), eestará presente esta semana no programa ‘Reverse mission by chef instructors’ organizado polo ICEX Spain Trade & Investment.

O encontro celébrase o pasado luns e ata o próximo sábado 10 de setembro, e visitará as cidades de Madrid, Córdoba, San Sebastián, Navarra, e La Rioja.

O programa está dirixido a instrutores de escolas de hostalería de Hong Kong, United Kingdom, Mexico e USA e ten por obxectivo trasladar o coñecemento e aplicacións dos produtos gastronómicos españois, a fin de favorecer o coñecemento dos mesmos e exportación a outros países.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia impartirá, coa colaboración de ANFACO, un seminario de produto seguido dun obradoiro de cociña de demostración con cinco elaboracións a base de tapas.

Centro de referencia a nivel internacional

Grazas á participación, colaboración e desenvolvemento de iniciativas como esta o Centro Superior de Hostalería de Galicia continúa consolidándose como unha escola de prestixio internacional.

Na actualidade, o CSHG é considerado un centro de referencia a nivel internacional na industria turística, grazas ao apoio deste proxecto por parte da Xunta de Galicia e aos máis de 2.000 alumnos que se sumaron a esta iniciativa apostando polo Centro e que hoxe traballan en hoteis e restaurantes de todo o mundo.

Arriba