Santiago de Compostela recibe o peregrino 100.000, un ciclista que percorreu o Camiño por terceira vez
Julio Rubio chegou a Santiago xunto a outros sete peregrinos que percorreron en bicicleta a Vía da Prata dende Ciudad Real.
Na Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar foi recibido polo xerente do Xacobeo e polo presidente da Fundación da Catedral de Santiago que lle fixeron entrega tanto da Compostela como de diversos agasallos como recordo deste día tan especial.
O peregrino, a súa chegada, afirmou que prevé percorrer o Camiño por cuarta ocasión o próximo Ano Santo, en 2021.
Durante a emotiva acollida, o xerente do Xacobeo destacou que neste ano batéronse récords tanto de peregrinos nacionais como internacionais.
A Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar entregou hoxe a Compostela número 100.000 a Julio Rubio, un peregrino que fixo o Camiño de Santiago xunto con outros sete integrantes dun grupo de ciclistas que percorreron preto de 1.000 quilómetros durante nove días, partindo dende Campo de Criptana (Ciudad Real).
O peregrino 100 mil tivo, ademais da satisfacción de chegar á meta do Camiño, un recoñecemento moi especial. Na Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar foi recibido polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e polo presidente da Fundación da Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, que lle fixeron entrega tanto da Compostela como de diversos agasallos como recordo deste día tan especial.
O peregrino, a súa chegada, relatou emocionado que o importante non é ser o número 100.000 senón lograr chegar a meta da Ruta Xacobea xunto aos seus compañeiros tras partir o pasado 29 de xuño dende Campo de Criptana, día de San Pedro, e chegar este 7 de xullo en San Fermín.
No seu recibimento na Oficina do Peregrino, que congregou a multitude de medios de comunicación, Rubio explicou que esta é a terceira vez que realiza o Camiño de Santiago xunto aos seus compañeiros dende Ciudad Real e que prevé que haxa unha cuarta ocasión no próximo Ano Santo, en 2021.
Durante a emotiva acollida, o xerente do Xacobeo, destacou que neste ano batéronse récords tanto de peregrinos nacionais como de internacionais.
Rafael Sánchez indicou que máis do 60% dos peregrinos que pasaron pola oficina de acollida ao peregrino durante este ano son estranxeiros o que demostra que o Camiño converteuse no noso principal elemento captador de turismo internacional e na nosa sinal de identidade a nivel mundial.
Pola súa parte, o presidente da Fundación da Catedral de Santiago celebrou o récord de peregrinos e recordou que Compostela mellorará neste ano a acollida aos peregrinos grazas a inauguración do Centro Internacional de Peregrinos.