O gasto total do turismo internacional na comunidade galega medrou o pasado mes de xuño un 14,1%
O gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia neste xuño de 2015 superou os 90 millóns de euros.
Galicia rexistrou o cuarto maior incremento a nivel estatal, so por detrás das comunidades de Castela A Mancha, Castela e León e Aragón.
O gasto medio por persoa e o gasto medio por persoa e día tamén creceron en Galicia no sexto mes deste ano cunha suba do 2,8% e o 8,4% respectivamente.
No primeiro semestre do ano incrementouse o gasto total do turismo internacional en Galicia nun 7,1% superando os 383 millóns de euros.
O gasto total do turismo internacional na comunidade galega medrou o pasado mes de xuño un 14,1% en relación ao mesmo mes do ano anterior, segundo os últimos datos da enquisa EGATUR, do Instituto de Turismo de España, que recolle as cifras relativas ao gasto que realizan en Galicia os visitantes non residentes no noso país.
Galicia presenta así o cuarto maior incremento a nivel estatal, so por detrás das comunidades de Castela A Mancha, Castela e León e Aragón.
Segundo esta enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia neste xuño de 2015 foi de 90.373.561 euros.
O gasto medio por persoa tamén creceu no sexto mes deste ano cunha suba do 2,8%, acadando case os 934 euros.
Tamén creceu no mes de xuño o gasto medio por persoa e día en relación ao mesmo mes do pasado ano nun 8,4%, superando os 103 euros.
Estes datos tan positivos son consecuencia do incremento do volume de turistas internacionais rexistrado na nosa comunidade, que creceron un 11% neste mes e o maior gasto medio por persoa na viaxe
Primeiro semestre do ano
En canto ao primeiro semestre do ano, tamén incrementouse o gasto total do turismo internacional en Galicia, cunha suba neste caso do 7,1%, en relación ao mesmo período do pasado ano.
Os turistas internacionais que chegaron a nosa comunidade neste seis primeiros meses do ano realizaron un gasto total de máis de 383 millóns de euros -383.282.799€-.