19 set 2016

Turismo de Galicia e a Feira Internacional de Galicia Abanca celebran na Coruña un curso para pemes turísticas

O curso está centrado na preparación destas empresas para que acaden o máximo rendemento na súa asistencia a mesas internacionais de contratación con touroperadores

O programa forma parte dun programa formativo consistente na realización dun total de oito cursos noutras tantas localidades galegas

O Centro Municipal de Emprego de Los Rosales, de A Coruña, acolle desde onte un curso dirixido a pemes turísticas organizado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA en colaboración con Turismo de Galicia.

O curso, centrado na preparación destas empresas para que acaden o máximo rendemento na súa asistencia a mesas internacionais de contratación con touroperadores, forma parte dun programa formativo consistente na realización dun total de oito cursos noutras tantas localidades galegas.

O primeiro deles, o de A Coruña, contará con sesións presenciais ata o vindeiro mércores 21 de setembro e continuará posteriormente cun seguemento online e cunha posta en común para valorar o aprendido, que terá lugar o 4 de outubro.

Os empresarios e responsables de pemes turísticas que acoden traballarán en base ás súas empresas, para poder implementar os seus coñecementos. Aprenderán, entre outros aspectos, as principais canles de comercialización no sector, a delimitar segmentos de clientes, mercados e intermediarios, a definir o seu produto e as súas vantaxes competitivas para destacalos nas súas ferramentas de promoción ou a realizar con efectividade o proceso de negociación, venda, seguimento e peche da operación.

Este curso celébrase nas mesmas datas en Ferrol, para logo continuar en Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo. O programa formativo rematará o día 11 de outubro.

Turexpo Galicia 2017

Este programa de formación turística está relacionado coa celebración do VII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2017, e a súa Bolsa de Contratación Turística, xa que se converterá nun paso previo de gran utilidade para aquelas empresas que queiran acudir á mesma. Os alumnos dos cursos poderán sacar proveito do aprendido e transformalo en negocio a través da súa participación nestas mesas de contratación.

Esta Bolsa de Turexpo Galicia 2017 permitirá ás empresas participantes dar a coñecer con detalle as súas propostas a numerosos touroperadores tanto nacionais como doutros países con gran interese como emisores turísticos, en reunións axendadas con anterioridade e de acordo aos seus

Arriba