O IX Congreso Internacional de Estudos Xacobeos reunirá a expertos internacionais para afondar na relación entre o culto mariano e o Xacobeo
O encontro celebrarase do 21 ao 24 de outubro no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela
O congreso está destinado tanto a estudantes, docentes e estudosos da cultura xacobea, como a membros das Asociacións de Amigos do Camiño, así como o público en xeral interesado polo tema
O IX Congreso Internacional de Estudos Xacobeos "María e Iacobus no Camiño Xacobeo", que terá lugar dende o vindeiro 21 ata o 24 de outubro, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, reunirá a numerosos expertos internacionais para afondar nos múltiples e diversos lazos existentes entre o culto mariano e o culto a Santiago ao longo da historia.
O congreso está destinado tanto a estudantes, docentes e estudosos da cultura xacobea, como a membros das Asociacións de Amigos do Camiño, así como o público en xeral interesado polo tema.
O encontro conta coa participación de representantes de numerosas universidades intermacionais como o Centro Nacional para a Investigación Científica ou a Universidade La École Pratique des Hautes Études (EPHE) de Francia, o colexio de Michoacán de México, as universidades Erlangen e Wüzburg de Alemaña, a Universitá degli Studi de Perugia de Italia, a universidade Exeter de Reino Unido ou a Universidade Autónoma de Barcelona e a de Santiago de Compostela, entre outras.
Sesións técnicas
O mércores 21 de outubro terá lugar a inauguración oficial que contará cunha conferencia do Deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, titulada “Camiñando coa Virxe e Santiago”.
O xoves 22 de outubro darán comezo as sesións técnicas do Congreso Internacional que nesta xornada incluirán unha primeira parte dedicada á “Santa Parentela” e unha segunda que versará sobre os santuarios marianos no Camiño.
Na seguinte xornada, o venres 23 de outubro, continuarase afondando nestes santuarios marianos que encóntranse ao longo do Camiño e reflexionarase sobre a relación de colaboración ou rivalidade entre Santiago e Santa María.
Por último, para finalizar, o sábado 24 de outubro, terá lugar a xornada “Santa María en Santiago de Compostela”.
Programa social
Por outra parte, o congreso inclúe tamén no seu programa unha serie de actividades sociais coma a visita á igrexa do Mosteiro de San Martiño Pinario ou a visita á Catedral de Santiago.