29 set 2016

Turismo de Galicia promove en Francia a náutica recreativa a través da Feira Grand Pavois

Desde onte e ata o día 3 de outubro, a Xunta participa neste certame turístico que celebra su 43 edición en La Rochelle

 

Por cuarto ano consecutivo, Turismo de Galica participa neste evento co obxectivo de atraer navegantes do norte de Francia cara ao litoral galego

Difundirá as instalacións e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e os produtos turísticos relacionados co turismo náutico

Trátase dun dos salóns náuticos máis importantes e populares de Europa constituíndo, así, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e a entidade Portos de Galicia, promove o turismo náutico da comunidade galega na feira especializada Grand Pavois, que ten lugar na cidade francesa de La Rochelle dende onte ata o próximo 3 de outubro.

Esta é a cuarta edición consecutiva na que Turismo de Galicia participa nesta feira, despois de obter exitosos resultados nas edicións anteriores.

O obxectivo é dar a coñecer as instalacións náutico deportivas e recreativas así como os servizos, produtos e recursos do turismo náutico galego co fin de atraer navegantes do norte de Francia cara ao litoral galego.

Deste xeito, Turismo de Galicia difundirá no recinto feiral de La Rochelle as instalación e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e os produtos turísticos relacionados co turismo náutico.

Esta feira, exclusivamente dedicada ao sector náutico en todas as súas modalidades, é un dos salóns náuticos máis importantes e populares de Europa constituíndo, así, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia.

Organizada por primeira vez no ano 1973, a feira Grand Pavois celebra neste ano 2016 a súa 43 edición.

O salón conta con 100.000 metros cadrados de exposición e máis de 800 expositores internacionais que representan a 35 países de todo o mundo.

A situación privilexiada no porto deportivo de La Rochelle motiva a miles de persoas a visitala, especialmente propietarios de embarcacións de lecer.

Arriba