28 dec 2016

Turismo de Galicia participou en 31 feiras sectoriais ao longo do ano 2015, catro máis que en 2014

Durante os últimos 12 meses esta entidade da Xunta, levou o destino Galicia a 21 certames internacionais e a 10 nacionais

Os produtos e os servizos turísticos galegos estiveron presentes nas principais feiras turísticas do mundo, FITUR, de Madrid; ITB, de Berlín; e WTM, de Londres

Turismo de Galicia tamén promoveu de xeito específico os principais recursos turísticos da Comunidade galega 
 

O destino Galicia foi promovido por Turismo de Galicia este ano en 31 feiras sectoriais, catro máis que en 2014, levando a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos a 21 certames internacionais e dez nacionais, o que permitiu unha promoción global nos distintos mercados mundiais.

Ao longo dos últimos doce meses, Turismo de Galicia participou nos principais certames turísticos do mundo, entre os que salientan a Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, en xaneiro; a Internationale Turismus Börse (ITB), de Berlín, en febreiro; ou a World Travel Market (WTM), de Londres, en novembro.

Para a promoción xenérica no eido internacional, o departamento de Turismo da Xunta participou nas seguintes feiras, ademais da ITB e a WTM: Vakantiebeurs, de Utrecht-Holanda, en xaneiro; Matka, de Helsinki-Finlandia, tamén en xaneiro; Holyday World, de Dublín-Irlanda, en xaneiro; Salon des vacances, de Bruxelas-Bélxica, en fefreiro, Free, de Munich-Alemaña, en febreiro; MITT, de Moscú-Rusia, en marzo; Tur, de Goteburgo-Suecia, en marzo; Mundo Abreu, de Lisboa-Portugal, en abril; Jata, de Toquio, Xapón, en setembro; ABAV, de Río de Xaneiro-Brasil, en setembro; Tourism & Travel Show, de Montreal-Canadá, en outubro; e Festuris, de Gramado-Brasil, en novembro.

Ademais, no ámbito nacional, o turismo galego estivo representado en todos os certames turísticos organizados nos principais mercados emisores para Galicia.

Deste xeito, ademais de FITUR, Turismo de Galicia participou nas feiras de carácter xeneralista Navartur, en Pamplona, en febreiro; Sevatur, en San Sebastián, no mes de marzo; Turexpo, en Silleda, tamén en marzo; B Travel de Barcelona, en abril; e o Salón de Turismo INTUR, en Valladolid, no mes novembro.

Produtos senlleiros
Este ano, para a promoción específica dos produtos turísticos galegos máis senlleiros, Turismo de Galicia participou en 12 certames especializados ao obxecto de difundir e apoiar a súa comercialización.

Deste xeito, en relación ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo, o departamento de Turismo da Xunta de Galicia, ademais de promover a ruta en todos os certames turísticos, participou nas feiras específicas Koinè, de Vicenza-Italia, en abril; International Christian Resources Exhibition, de Londres, o pasado mes de maio, e Sacroexpo, celebrada en Kielce-Polonia, en xuño.

No eido dos produtos turísticos, o turismo de saúde púidose promover nos certames Thermalies, de París, celebrado en xanerio, e Termatalia, celebrado en Ourense o pasado mes de setembro.

Polo que respecta ao turismo náutico da Comunidade galega, Turismo de Galicia instalou recintos de promoción no Grand pavois, de La Rochelle, Francia, o mes de setembro, e o Salón náutico de París, celebrado os primeiros días de decembro.

Canto ao golf, este produto promoveuse de xeito específico no certame Madrid golf, celebrado en marzo na capital de España.

Ademais, a ornitoloxía, un dos produtos turísticos emerxentes na Comunidade galega, contou tamén cunha promoción específica na feira FIO, celebrada Monfragüe, Extremadura, entre os meses de febreiro e marzo.

Por último, canto, ao cicloturismo, o sendeirismo e á bicicleta de montaña, Turismo de Galicia participou nos certames Fiets en Wandelbeurs, celebrado en Ambres-Bélxica, entre os meses de febreiro e marzo; e Unibike, que tivo lugar en Madrid o pasado mes de setembro.

Arriba