O xerente do Xacobeo inaugura en Málaga a exposición 'Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago' no marco do ‘Inverno Xacobeo’
A mostra recolle unha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente mostran a importante función que desempeñan os hospitaleiros voluntarios en diferentes albergues e puntos do Camiño de Santiago
A exposición explica a comunicación que prodúcese a medida que se avanza no Camiño cun mesmo, coa propia ruta e cos compañeiros de Camiño
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou na inauguración da exposición 'Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago' dentro do programa ‘Inverno Xacobeo’ que celebra a Asociación de Amigos do Camiño de Málaga na cidade andaluza.
A mostra constitúe un homenaxe a todos os hospitaleiros voluntarios que conforman unha pedra angular para a rutas xacobeas a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente.
As imaxes, que foron sacadas nas últimas décadas, dende finais dos 90 ata hoxe, mostran a importante función que desempeñan os hospitaleiros voluntarios en diferentes albergues e puntos do Camiño de Santiago.
Así, a través das fotografías, pódese afondar neste labor desinteresado que realizan día a día as Asociacións de Amigos do Camiño e os hospitaleiros voluntarios en todas partes do mundo inundando a Ruta Xacobea dunha esencia de fraternidade e solidariedade e difundindo os contidos culturais e espirituais do Camiño.
A exposición explica a través das fotografías como a medida que se avanza no Camiño, prodúcese unha comunicación a varios niveis: con un mesmo, coa propia Ruta Xacobea e cos compañeiros de Camiño, cos hospitaleiros e os paisanos.