13 feb 2017

Turismo de Galicia leva a Valencia a exposición do fotógrafo xaponés Tomohiro Muda ‘Camino de Santiago. Una visión desde oriente’

 A mostra, que abre o programa conmemorativo do XXX aniversario da fundación da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comunidade Valenciana, poderá visitarse ata o 27 de febreiro no Palau del Intendente Pineda de Valencia

Chega a Valencia tras unha longa itinerancia iniciada en 2008 coa súa inauguración en París

 

Tomohiro Muda peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando a Ruta Xacobea e ofrecendo a súa propia visión da mesma

 Turismo de Galicia en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comunidade Valenciana inaugurou a exposición Camino de Santiago. Una visión desde oriente, do fotógrafo xaponés Tomohiro.

A mostra, que abre o programa conmemorativo do XXX aniversario da fundación da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comunidade Valenciana, poderá visitarse ata o 27 de febreiro no Palau del Intendente Pineda de Valencia.

A exposición chega a Valencia tras unha longa itinerancia iniciada en 2008 coa súa inauguración en París. Posteriormente viaxou a México D.F., Wakayama e Tokyo, onde se expuxo durante tres meses no Museo Aida.

No ano 2010 percorreu varios concellos galegos do Camiño de Santiago como Palas de Rei, Redondela, Dumbría, Bertamiráns, Muxía e Fisterra, mostrando a súa visión sobre a experiencia que a peregrinación produciu neste fotógrafo xaponés.

En 2011, grazas á colaboración do Consulado de España en Hamburgo, expúxose nas varias cidades de Alemaña, Lübeck, Hamburgo, Hannover, Buxtehude e Kiel, cultivando gran éxito de público e por onde continuou o seu periplo en 2012 inaugurándose en Regensburg. Tamén viaxou a Málaga e Castuera,

Tomohiro Muda

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando a Ruta Xacobea e ofrecendo así a súa propia visión da mesma. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea.

Nace en 1956 na Prefectura de Nara, en Xapón, e en 1988 presenta a súa primeira exposición A Terra de Sherpa con fotografías que tomou na localidade de Serpa, no Himalaya.

Arriba