23 out 2017

Xornalistas e blogueiros de Rusia e Letonia visitan Galicia para coñecer a súa oferta turística e o Camiño de Santiago

 Os participantes viaxaron pola Comunidade galega para facer un percorrido polos recursos e os produtos turísticos galegos máis senlleiros

Dúas das visitantes rusas traballan para publicacións especializadas en viaxes e estilo de vida e outras dúas manteñen blogs de turismo
 
Un equipo da Televisión de Letonia percorreu o Camiño Francés e a ruta Fisterra-Muxía
 

 Xornalistas e blogueiras rusas percorreron días pasados a Comunidade galega convidadas por Turismo de Galicia para coñecer os aspectos máis senlleiros da oferta turística galega, o que as levará a visitar parte do territorio das catro provincias ata o próximo domingo.

Ademais,  un grupo de xornalistas e técnicos da Televisión de Letonia visitaron Galicia para coñecer o Camiño Francés e a ruta Fisterra Muxía, ademais de Santiago de Compostela, meta da peregrinación xacobea.

As rusas, Olga Rastegaeva, blogueira do portal Orange-traveller, Olga Baklanova, blogueira no portal vsyasol.ru; e as xornalistas Anastasia Makina, da revista Women Health; e Olga Koynova, da publicación UAM Magazine, participaron nesta viaxe de familiarización co destino turístico Galicia, organizada por Turismo de Galicia.

Experiencias turísticas

As visitantes tiveron a oportunidade de coñecer o Camiño de Santiago e a cidade de Santiago de Compostela, e comprobar a súa influencia en Galicia como destino turístico de características propias. Ademais, visitaron distintas contornas de costa para coñecer as posibilidades de Galicia neste eido, asociadas á natureza e á cultura.

Na súa estadía en Galicia, tamén puideron coñecer distintas vilas costeiras galegas, así como contornas urbanas do interior de interese monumental e turístico.

As xornalistas e blogueiras de Rusia visitaronn todos os bens Patrimonio Mundial da Unesco e coñecen produtos relacionados coa marca do Turismo de Galicia como a Ruta da camelia, Paseando entre viñedos ou Patrimonio oculto.

Por outra parte, visitaronn varias adegas de distintas denominacións de orixe protexidas dos viños de Galicia e tiveron a oportunidade de gozar da gastronomía de Galicia en distintos restaurantes e locais de hostalaría da Comunidade galega.

 

 

 

Arriba