02 xan 2018

Turismo de Galicia organizou 39 viaxes de familiarización para que axentes de viaxes e xornalistas coñeceran a comunidade

 Os 211 participantes pertencen a 19 nacionalidades distintas

 
Este ano, 24 destas viaxes foron para xornalistas e 14 para operadores turísticos
Press trip de xornalistas portugueses.

Organizadas por Turismo de Galicia, este ano tiveron lugar na Comunidade galega un total de 39 viaxes de familiarización turística, un xeito de promover o destino que se basea no coñecemento ‘in situ’ da oferta e os servizos por parte de operadores turísticos e xornalistas.

Estas viaxes teñen, por un lado, unha grande importancia para os axentes de viaxes, porque poden prescribir o destino cun mellor coñecemento e, por outro, un gran valor publicitario para o territorio receptor cando os seus atractivos e recursos turísticos son difundidos mediante reportaxes e informacións variadas nos medios de comunicación. Canto ao número de viaxes, en 14 participaron operadores turísticos e 25 tratouse de press trip, viaxes para xornalistas.

Con respecto á orixe dos participantes nas viaxes de familiarización organizadas por Turismo de Galicia en 2017, estes procedían dos mercados emisores internacionais de 19 nacionalidades distintas

Orixe dos participantes

Deste xeito, dentro do programa de familiarización co destino Galicia, este ano organizouse unha viaxe para xornalistas rusos, dúas para profesionais da comunicación italianos, unha para medios canadianos, unha para o mercado inglés, dúas para medios de comunicación alemáns, tres para franceses, dúas para chineses, unha para irlandeses, dúas para mexicanos, unha para portugueses, unha para austríacos, unha para neocelandeses, dúas para canadianos, unha para brasileiros, unha para estonios, unha para austríacos e dúas para indios. Ademais, organizouse unha viaxe para xornalistas de varios países ao obxecto de promover o termalismo en Galicia.

No ámbito dos operadores turísticos, organizáronse dúas viaxes para axentes ingleses, dúas para irlandeses, unha para brasileiros, dúas para alemáns, unha para rusos, unha para norteamericanos, unha para brasileiros, dúas para noruegueses, unha para holandeses, unha para indios, unha para chineses e unha para portugueses. Turismo de Galicia organizou tamén en 2017 unha viaxe de prescritores de distintos países.

 

 

Arriba