Yin Yinan e Dong Keping suman máis de 4,5 millóns de interaccións nas súas publicacións en redes sociais sobre as viaxes, o estilo de vida e a gastronomía
As súas publicacións están dirixidas a un público de entre 20 e 55 anos e en moitos casos transmítense en tempo real en diferentes plataformas
Co obxectivo de difundir os valores do Camiño de Santiago e os recursos turísticos galegos entre a sociedade chinesa, Turismo de Galicia e a Asociación de Turismo España-China veñen de organizar unha viaxe de promoción na que os blogueiros Yin Yinan e Dong Keping pouideron coñecer distintos lugares da ruta xacobea e os recursos asociados a ela.
Especializados en viaxes, estilo de vida e gastronomía, tamén tiveron a oportunidade de coñecer a cidade de Santiago de Compostela como meta do Camiño de Santiago así como a súa oferta. Durante a súa estadía na Comunidade galega estiveron acompañados por persoal de Turismo de Galicia que os informaron sobre os itinerarios xacobeos, os costumes, a cultura e o turismo galego en xeral.
A presenza destes dous influencers chineses materializarase en varios millóns de interaccións nos seus blogs e centos de miles de seguidores en distintas redes sociais. Yin Yinan é una das blogueiras e columnistas máis valoradas e influentes no seu país. Gastrónoma, viaxeira, escritora, fotógrafa, conta con varios millóns de seguidores nas súas redes sociais e plataformas en vivo; ademais dunha media de 200.000 lecturas dos seus artigos publicados en revistas e bitácoras de gastronomía, viaxes e estilo de vida.
Unión Europea e China
Esta influencer transmite en tempo real as súas impresións e experiencias aos seus millóns de seguidores vía Wechat, Weibo e live streaming, polo que o impacto que terá o Camiño de Santiago en China estes días será moi importante. Dong Keping, pola súa parte, é un influencer que escribe sobre gastronomía e estilo de vida. Produce documentais para CCTV´s en programas como A bit of China e China taste.
Esta visita coincide coa conmemoración do Ano do turismo Unión Europea-China que se está a celebrar entre ambos territorios durante este 2018 e que supón unha oportunidade para Galicia neste importante mercado emerxente.