27 xan 2020

Nava Castro destaca en Fitur a sinalización turística das praias galegas especiais para a práctica de surf

 A directora de Turismo de Galicia participou  na presentación de Galicia como destino de surf onde salientou o traballo da Xunta por poñer en valor este recurso

 
Nava Castro, na presentación do surf en FITUR.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou  en Fitur na presentación Galicia Destino Surf, onde destacou as facilidades que os amantes deste deporte terán en 2020 para practicalo en Galicia despois de contar coa sinalización turística das praias galegas incluídas no produto turístico impulsado pola Xunta Galicia Surfing.

Como dixo, esta proposta de turismo deportivo está a ter cada vez máis seguidores ao permitir o contacto co medio e identificar os mellores areais con condicións óptimas para practicar surf. Recordou, ademais, que está a permitir dotar de calidade á experiencia turística ao deseñarse viaxes con estadías de tres a 15 días e visitas aos recursos e elementos asociados ao mar, a súa cultura, desde Ribadeo ata a fronteira con Portugal.

Praias como Patos, Montalvo, Río Sieira, Nemiña, Soesto, Malpica, Razo, Caión, Orzán, Ondalonga, Doniños, Campelo, Pantín, Machacona, Peizás e Oliñas son algúns dos areais incluídos en Galicia Surfing, combinables en distintas épocas del año. Agrupadas en tres itinerarios, as praias galegas ofrecen distintas opcións de turismo adaptadas a calquera perfil e dificultade. Todas elas están, ademais, o material promocional editado, que conta cun mapa que identifica cada recurso.

Os surfistas, fieis ao destino

Na presentación tamén estiveron presentes representantes do Abanca Pantín Classic Surf, que afondaron nas posibilidades que certames como este están a dar á actividade turística de Galicia. Neste sentido, e tras aportar datos da última edición que se saldou con máis de 100.000 visitantes, recordaron que o perfil do surfista como turista é moi interesante xa que, como dixeron, o 76% recoñecen que a súa actividade favorita cando visitan un destino de surf é viaxar e coñecer a zona.

 
Arriba