As comunidades da Vía da Prata acordan desenvolver medidas de promoción conxunta vencelladas ao patrimonio e a gastronomía
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou esta mañá nunha videoconferencia conxunta cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. No encontro expuxéronse diversas iniciativas que permitan desenvolver medidas de promoción conxuntas vencelladas ao patrimonio e a gastronomía.