Reunión con asociacións do sector turístico para avaliar liñas de colaboración
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo encontros de traballo con representantes da Asociación de Balnearios de Galicia e da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga)
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, continúa coa rolda de contactos con representantes do sector turístico para avaliar posibles liñas de colaboración destinadas a reactivar o turismo galego e paliar as consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria da covid-19. Acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo sendos encontros de traballo para escoitar as demandas da Asociación de Balnearios de Galicia e da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga).