Nava Castro destaca a progresiva reactivación do turismo de cruceiros coa chegada a Vigo de dous novos cruceiros internacionais
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, achegouse ata á terminal de cruceiros do Porto de Vigo onde está facendo escala o cruceiro de pasaxeiros IONA na súa travesía cara a Gibraltar. Castro aproveitou o acto de intercambio de metopas para destacar a recuperación que está experimentando este segmento turístico que xa conta en máis dun cento as chegadas de cruceiros internacionais de pasaxeiros de aquí a fin de ano nos distintos portos galegos. No acto tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.