21 dec 2021

Turismo de Galicia asina un convenio coa empresa galega El Pulpo para promocionar o Xacobeo a través da posta en marcha da colección “elPulpo Peregrino”

 O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou o convenio de colaboración co representante da marca, José A. Touriñán

 
A Flagship Store de elPulpo en Madrid, acolleu o acto onde asistiron os actores Javier Veiga e Marta Hazas, o escritor Nacho Carretero e a periodista María Lamela
 
O vicepresidente primeiro lembrou a colaboración de galegos como Carlos Núñez, Xoel López coa BSO da campaña “Camiña a Galicia”, os instagrammers Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que fixeron un tramo do Camiño reflexado nas súas redes sociais e xerando miles de likes
 
Alfonso Rueda, na sinatura do convenio.

 O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou un convenio de colaboración co representante da marca, José A. Touriñán para a promoción do Xacobeo a través da posta en marcha da colección “elPulpo Peregrino” que sairá á venta o 1 de marzo de 2022 e estará dispoñible ata esgotar existencias.

Alfonso Rueda destacou a relevancia de que empresas galegas apoien iniciativas com esta, coa posta en marcha de novos proxectos ás portas do segundo ano Xacobeo. “ O Xacobeo foi, é e será o gran escaparate de Galicia para o mundo. Estamos a falar dunha oportunidade histórica para axudar a reactivar o sector turístico e a economía galega.” indicou o vicepresidente primeiro.

A marca galega sacará a colección “elPulpo Peregrino” que se comercializará na web www.elpulpo.es, nos puntos de vente que teñen en El Corte Inglés e nas tendas multimarcas onde está presente esta firma., cedendo o 10% dos beneficios doados para a mellora da sinaléctica do Camiño de Santiago en varios tramos.

O vicepresidente primeiro lembrou a colaboración de galegos como Carlos Núñez, Xoel López coa BSO da campaña “ Camiña a Galicia”, os instagrammers Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que fixeron un tramo do Camiño subtendo ás súas redes sociais e xerando miles de likes, comentarios e reproducións de vídeos co hashtag #GaliciaDestinoSeguro.

“Galegos traballando por e para Galicia co obxectivo de promocionar e impulsar o Camiño de Santiago, tanto no 2022 como no 2023 co obxectivo de vincular ao sector da moda ao Xacobeo. Polo que sigamos traballando nesta senda, xuntos por e para Galicia.”, rematou Alfonso Rueda

 

Arriba